Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

quinto, sexto, 5º e 6º xuntos, quinto e sexto

(2014-15) Creamos un conto terrorífico: " O gran medo de Sticky"

Alá polo Samaín, recibimos esta  proposta dende a biblioteca: participar no "certame de contos terroríficos" que tería lugar neste recuncho lector. Tratábase de que cada clase elaborase o seu conto de terror para, posteriormente, e xa todos xuntos,  expoñer os contos creados.

Así pois, poñémonos mans á obra!

Comezamos cunha choiva de ideas para decidir cal pode ser a trama do noso conto, qué personaxes van aparecer, cómo se van chamar... e moitos outros detalles.

Cando xa temos a nosa historia definida, procedemos a redactala, así que, todos a escribir!

Unha vez finalizado, entre todos corriximos os erros que van aparecendo (ortografía, sintase...) E non podemos esquecer o título, así que, propoñemos varios títulos para finalmente escoller o que máis nos gusta... Tííííííítulo gañadoooooooooooor: "O GRAN MEDO DE STICKY.

E así queda o noso conto:

Agora tócanos ensaiar un pouquiño, temos que demostrarlle á profe que imos facelo ben. Como non! NÓS PODEMOS!!! ChuloBico

E por fin chegou o día!

A BIBLIOTECA ESTABA DE MEDO!!!

Aí vamos!

Sssssshhhhhhhh!!! Os nenos escoitan con atención!

Agora veñen a votacións, que neeeeerviooos!

Saímos exitosos! Parece que gustou!

Compartimos premio cos de sexto, duros rivais!!!

María Sabarís

(2014-2015) CM : Espazos naturais protexidos en Galicia.

Agora que estamos a traballar na nosa área de todas as causas que alteran os ecosistemas, vennos ben recordar aquelas zonas de Galicia que temos protexidas.

Aquí vos deixo o enlace a esta presentación. Mirádea con atención, faremos un traballo sobre ela. 

 

(2014-2015) CM3: As 10 sementes máis importantes

O primeiro día de clase de Coñecemento do Medio non fixemos outra cousa que tentar averiguar que eran aquelas boliñas douradas que contiña o bote.
Os poucos días, despois de experimentar para poder comprobar algunha das hipóteses que plantexáramos, descubrimos que era unha semente.
E dentro do proxecto que estamos a levar a cabo, andivemos esta última semana enredados preparando cada un de nós un traballo sobre algunha das sementes máis importantes.
Tiñamos 10 onde elexir.
Cada un de nós fixemos os nosos borradores coa información que íamos atopando e os deseños de como o íamos plasmar para logo expoñer aos nosos compañeiros e compañeiras.

E despois dunha semana, o luns, ao chegar ao cole , sorprendémonos todos cos nosos traballos.

Nuria investigou sobre o ARROZ  e Anxo sobre o TÉ.

 Lucía e o seu amigo Pepe contáronnos o que sabían sobre o TRIGO

 Miguel sobre o MILLO e Emilio sobre a QUININA.

 Raúl buscou información sobre a PATACA, anotando as cousas que lle foron parecendo interesantes nas súas follas e dentro do tubérculo.

Noa fíxoo sobre a CANA DE AZUCRE, presentándoo desta artística maneira!

Laura sobre a ACEITUNA, pendurando nas ramiñas dun olivo sementes de cartolina coas distintas cousas que foi averiguando. Tamén acompañou o seu traballo cun botiño de aceite "O Bailadoiro" e un botiño de aceitunas que todos saboreamos!

Diego preparou unha presentación co seu ultraportátil sobre a AMAPOLA.  Ademais de cada unha das diapositivas sobre cada apartado da información, incluiulle un vídeo ao principio sobre a Amapola e rematouno cunha canción sobre o Outono. Alucinante! 

 E, por suposto, a mestra Marga tamén investigou, e canto! Sobre a MORERA.

Despois de expoñer cada un as súas investigacións, prantamos cada equipo unha estaca de morera nunha botella de prástico. Seica en dez días enraizaría e así a poderíamos prantar nalgún recuncho do noso patio.

 Así de interesante está o noso

rincón de coñecementos de Coñecemento!

Sodes uns artísticos investigadores!

(2014-2015) CM 2.- Adiante co mundo das sementes!

Confirmado!! Eran sementes!!!

Que por que o sabemos?

Pois porque aquelas pequenas boliñas que miraramos o primeiro día de Coñecemento do Medio foron quenes de romper a súa cápsula e botar unha pequena raiz, e incluso algunha xa un pequeniño talo .

Pois adiante coas sementes!!!

-O primeiro que fixemos foi ir anotando no noso taboleiro de aula as coñecementos que cremos que xa tiñamos sobre o tema.

 

-Xa ao lado anotamos aquelas cousas que nos gustaría ir averiguando sobre elas... 

E así foi como comezamos con este gran e interesante PROXECTO SOBRE AS SEMENTES.

Para poder organizarnos, repartir as tarefas e investigar mellor, repartímonos en tres grupos.

Eleximos dentro de cada grupo un nome que os identificaría, unha imaxe para representalos, repartimos os roles de traballo e decidimos que normas teríamos que cumprir.

 

E xa ben organizados comezamos a tentar dar resposta aos distintos interrogantes do noso proxecto.

-Coñecemos contidos sobre as partes, formación,...das sementes e tamén relacionado, repasamos as partes, formación e fases da reprodución das flores.

 

Os máis importantes ímolos recollendo nas nosas libretas.

-Tamén para tentar atoparlle resposta as dúbidas que tiñamos sobre canto tardaban en medrar, trouxemos cada un de nós un tipo de semente distinta (pemento, faba, pipa, alpiste, repolo, céspede,...) e plantámolo cada un no seu recipiente.

 

Cada grupo buscou a maneira de rexistrar os distintos cambios que se fosen producindo nas plantacións:

-un preparou unha táboa onde rexistrar os centímetros que medraba por semana, -outro equipo debuxou os distintos momentos da xerminación e marcaba cunha cruz o momento no que se atopaba cada unha delas ; -e o último equipo decidiu anotar as observacións de cada semente cada vez que se fisexe o rexistro. Todas moi interesantes e diferentes. 

-E tamén visionamos un vídeo que teñen os nenos de infantil no seu blog sobre o crecemento dun roble. Oito meses tardaba en medrar!!!

-Outra das dúbidas que tiñamos eran as diferentes maneiras que había de reproducirse.Tamén xa temos un montón de información sobre elo e para plasmala preparamos cada grupo uns paneis murais cos que poder explicarlles aos demais grupos a información traballada. 

Para elo doblamos en catro partes un pequeno debuxo do aparello reprodutor e tamén o fixemos cun gran pedazo de papel para o mural. Así tiñamos as cuadrículas xa feitas para pasalos a unha escala maior. 

 

Menudos murais nos quedaron!

 

-As nosas familias tamén nos tiveron que botar unha man, sobre todo as nosas nais, posto que das fases da reprodución humana a que máis interese espertou foi o parto. Plantexamos preguntas e buscámoslle respostas nas casas encuestando as nosas nais, avóas, ... e incluso imaxinándonos como será o noso propio parto ou o da nosa parella.

 

-No caso da reprodución asexual, para falar dos seres unicelulares, preparamos un pequeniño traballo sobre o virus do ébola (tan de actualidade).

Primeiro miramos cada un unha imaxe que nos mostrou a mestra e pensamos, sen falar, o que podería ser (formigueiro, corda, serea, carretera,....) Logo da pista dada de que era un ser con reprodución asexual xa se aproximaron todos ao que podería ser, incluso algún recordara mirar algo semellante en internet estos días e xa falaba do Ébola.

Entón repartímonos o traballo: os Investigadores ( pescudarían información sobre a procedencia do virus...), os Coidadores da natureza serían os enfermos (tiñan que contarnos como se sentían) e os Sobrenaturais os médicos (diríannos que poderían facer para que nos sentísemos mellor e como previr o contaxio)

Ao rematar as exposicións de cada grupo, e só nuns vinte minutos, volvímonos todos nuns expertos no tema. 

Con todo o que fomos averiguando e aprendendo preparamos unha exposición oral coa que ensinarlles aos nosos compañeiros de quinto todo o que estivemos descubrindo e á vez contarnos eles a nós os seus descubrimentos. Impresionante o fixemos todos!!!

 

(2014-2015) CM 1.- Que será? Investiguemos!

 Comezamos o curso!!Que ganas tiñamos de poñernos a traballar!!??

E para comezar con algo de misterio... as mestras que impartimos a materia de Coñecemento do Medio en 5º e 6º decidimos xuntar aos dous cursos para poñernos a falar (iso si que nos gusta!) pero de algo en concreto.

Dentro dun bote mostrámoslles "algo". Que sería?

Entre todos...mirámolo e remirámolo, cheirámolo, tocámolo,...e fomos plantexando as diferentes hipóteses do que podería ser ao igual que a maneira de poder confirmar cada unha delas.

 Entre as diferentes hipóteses do que sería dixeron: ovos de peixe, pasta, sales de baño, area de praia, alpiste, millo pequeno...

Para comprobalo decidiron comezar cun experimento por todos coñecido: meter un pouco nun vaso con algodón e auga para descartar ou confirmar que fosen algún tipo de sementes. E en atenta espera estivemos!

Así , sen querelo, aprendemos cales eran os pasos a seguir no método científico.

Según o resultado do experimento empezariamos a investigar e documentarnos sobre o mundo das prantas, ou o dos minerais, ou dos animais,...

 

(2013-2014) Fin do noso proxecto sobre o PALEOLÍTICO

Como ben sabedes andamos a investigar sobre a Prehistoria.

(Entradas anteriores: "Comezamos o noso proxecto prehistórico" )

En concreto, coa mestra Marga:

como era o día a día no Paleolítico. 

-Unha vez anotadas as dúbidas que tiñamos

-e xa atopadas as respostas a case todas elas

-decidimos recoller o resultado final nunha presentación na que cada neno e nena preparou a súa diapositiva coa ilustración e respostas a pregunta pescudada.

Para a xornada imprimímolas e as expusemos no corredor. (Se clicades no enlace que atoparedes ao remate deste texto teredes acceso a ela.)

-Ademais, coa información atopada xa podiamos retocar os nosos guións da representación teatral que andabamos a preparar.

Entre todos fomos decidindo como e cando escenificar os distintos momentos e actividades que acontecerían.

Despois de algúns ensaios, e preparar parte dos elementos  da escenografía  e decidir o vestiario, tiñámola casi lista. 

O día da xornada de portas abertas que fixemos no noso colexio, ademais de mostrar ás familias toda a información sobre a prehistoria en Galicia que pescudamos co mestre Tirso,

de expoñerlles o que descubrimos sobre como xurdiu a música coa mestra Merce, información que aproveitaríamos para preparar unha parte da representación,

e de explicar "en inglés" a nosa visita turística a o Stonenhe en Inglaterra coa mestra Loli, ...

 

tamén os invitamos á nosa obriña de teatro no escenario.

Quedou ben chula e divertida!

 

Aquí vos deixamos o enlace á entrada sobre a Xornada Prehistórica no colexio, para que podades disfrutar dos traballos que prepararon todas as demais aulas do centro:  "XORNADA PREHISTÓRICA" 

Tamén podedes ver aquí como recolleu a prensa a nosa xornada:

(2013-2014) QUE SABES SOBRE O PALEOLÍTICO?

O mesmo nos preguntou a mestra Marga aos nenos e nenas de sexto un día ao chegar a aula!

Saber...sabiamos bastantes cousas, pois xa comezaramos un proxecto sobre como foi a Prehistoria en Galicia co mestre Tirso e algo nos falara a mestra Merce en música.

 

Mais ...quedábannos moitas preguntas por resolver!

Así foi como empezamos a traballar este tema a través dunha UDI (Unidade Didáctica Integrada). Aquí vos mostramos o esquema da tarefa que estamos a levar a cabo, na que veredes as tres actividades traballadas xunto cos exercicios feitos para preparar cada unha delas.

TAREA

Descubrir como transcurriría unha xornada nun asentamento no Paleolítico para a súa posterior posta en escea.

ACTIVIDAD 1

Creación dun diario dunha xornada paleolítica que nos serva de guión incial para a representación teatral.

ACTIVIDAD 2

Realización dun proxecto de traballo partindo das dúbidas que atopamos nos diarios

ACTIVIDAD 3

Preparación e ensaios da posta en escena da representación teatral.

EJERCICIOS

1.Rexistrar as distintas accións que poderían ocurrir (empleando para elo a técnica de traballo cooperativo 1,2,4)

2.Debatir cales e a que hora do día deberiamos representalas ( en gran grupo)

3.Redactar en pequenos grupos (4) o diario dun día calquera no paleolítico.

4.Lectura en alto dos mesmos debatindo, anotando e corrixiendo as incoherencias que crean que existen.

 

EJERCICIOS

1.Rexistrar na primera parte do panel o que xa sabemos .

2.Agrupar según a súa temática as dúbidas ou preguntas que temos sobre o como, cando e para que facían cada unha das diferentes accións e rexistralas na segunda parte do panel.

3.Decidir como organizarse para dividirse o traballo de investigacióney anotar as diferentes fontes nas que poderemos atopar respostas.

4.Búsqueda de información a través das distintas fontes: visionado de vídeos, documentais, folletos, libros de texto e de lectura, visita ao Parque, entrevistas aos seus guías,...

5.Rexistro no panel-proxecto de todas as respostas atopadas.

6.Elaborar unha presentación dixital a través do programa Impress na que se recolla todo o descuberto.

EJERCICIOS

1.Debate de que momentos representar

2.Decidir o reparto de personaxes entre o alumnado.

3.Visionado dun vídeo en youtube do grupo de teatro mudo (Tricicle) e de cine mudo (Charles Chaplin).

4.Estudio e ensaio de distintos movimentos expresivos (faciaies e corporaies) de modo individual, pequeno grupo e gran grupo.

5.Preparación de vestuario, maquillaxe, escenografía,...

6.Ensaio e gravación da posta en escea para poder valorar o resultado recollendo as propestas de mellora

7.Representación anteol público o día da celebración da xornada prehistórica

-Actividade 1: o obxectivo principal foi redactar cada un un pequeno diario dun día calquera nesta época prehistórica. Para elo, primeiro, empregando unha das técnicas de traballo cooperativo (A,B,C), recopilamos as distintas accións que puidesen acontecer.

A

B

C

Individual

Además en mi grupo...

Y también en los demás grupos...


NO PASO 1 CADA UN APUNTOU ACCIÓNS NO SEU PAPEL DURANTE UN MINUTO (TIÑAMOS ENTRE 6/8 ACCIÓNS CADA UN)


NO PASO 2 (DENTRO DO NOSO GRUPO DE TRABALLO DE CATRO INTEGRANTES) ANOTAMOS TAMÉN AS ACCIÓNS QUE OS NOSOS COMPAÑERIOS TIÑAN DIFERENTES ÁS NOSAS)


XA NO ÚLTIMO PASO (TODO O GRUPO CLASE XUNTO) PAUNTAMOS TODAS AQUELAS QUE NON TIÑAMOS DENTRO DO NOSO GRUPO, CHEGANDO A XUNTAR AO FINAL MÁIS DE 30 ACCIÓNS DIFERENTES!

Xa partindo de todas estas accións que acontecerían seríanos moito máis fácil redactar o que puidese pasar nun día no paleolítico.

 

 

Actividade 2: tras a lectura dos diarios, percatámonos de que había cousas que non podiamos describir ben pois non sabiamos exactamente como eran.

Así, decidimos apuntar as preguntas que necesitariamos responder para poder redactalo con máis veracidade.

 Aínda non tiñamos claro…

1.- Que clima había:

2.- Como facían o lume no paleolítico (en que lugar, con que técnica, si o mantiñan encendido,….)

3.- A que hora do día salían a cazar  e de que manera o facían

4.- A que hora do día salían a pescar e de que manera o facían

5.- Como e cando durmían

6.- Como se comunicaban

7.- Qué animales encontraban en los alrededores en esa época

8.- Que outras cousas comían ademais de carne e peixe

9.-Como ían vestidos

10.-Como e onde ían ao baño e se se aseaban

11.- Que roles tiñan mulleres, homes, nenos, anciáns,…

A todas elas intentámoslle atopar resposta na nosa visita ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro. Cada un portaba o folio coa súa pregunta no que iría escribindo as respostas que ían descubrindo.

Alí, por exemplo, Jose, tivo a sorte de que a guía que nos acompañaba respostase, e de que maneira!, a súa pregunta de como facían o lume!

Ou, na visita ao museo, descubrir como e con que cazaban e pescaban nesta época...

Ao regresar á aula, puxemos en común todo aquilo que apuntaramos e cada un foi tomando nota de toda a información refereda a súa pregunta.

 

Con todo elo decidimos preparar co programa Impress diapositivas de cada pregunta. Cada un preparou a súa diapositiva, poñéndolle o título e número da súa pregunta, a información atopada para respondela e unha imaxen que a ilustrase.

Así foi como entre todos preparamos unha presentación que nos próximos días subiremos ao blog da nosa web.

-Actividade 3: Chega o momento de representar !

.Eleximos e repartimos personaxes (cazadores, recolectoras, bruxo, nenos pequenos,...)

.Decidimos que momentos e como representalos. Para elo visionamos dous vídeos: un de cine mudo de Charles Chaplin e outro dun grupo Tricicle de teatro mudo ( dos cales sacar ideas e fixarnos en como eles expresaban todo o que quixesen nen dicir nin unha soa palabra)

.Preparamos os materiais necesarios: vestiario, complementos, maquillaxes, músicas, efectos....

E despois de moito ensaio... o día 19 representaremos o noso día paleolítico, esperando que dende os máis pequenos aos máis grandes lles quede claro como eran as vidas dos nosos antecesores!

Que mellor maneira de aprender que vendo unha obra de teatro!

 

( Nos próximos días irémosvos contando e mostrando imaxes destes momentos)

 

(2013-2014) Durante o mes de maio...

 Durante o xa pasado mes de maio os nenos e nenas da nosa aula participamos en dúas actividades relacionadas coa celebración das Letras Galegas, este ano adicadas a Xosé María Díaz Castro.

- Unha delas realizada dende o centro, na que ao igual que o resto do alumnado:  axudamos a preparar o maio, fixemos as nosas coplas para cantarlle, ensaiamos en música o himno galego coas nosas frautas e xilófonos e escribimos nun gran panel unha das estrofas escritas por o autor homenaxeado para formar parte dun poema de poemas para ler no día da celebración.

 Así de rupestre decidiron os nenos e nenas de infantil poñerlle os colares de margaridas ao maio!

 

- A outra actividade tivo lugar na biblioteca pública de Campo Lameiro.

 Alí fomos o alumnado do terceiro ciclo a participar nun taller no que preparamos un traballo plástico con recortes dun dos poemas máis coñecidos e traducidos deste autor que se titula "Esmeralda".

A contacontos Arraitz leunos o poema en vasco...

 ...á vez que Daniel íaonolo lendo en galego .

 Tamén tiñamos o poema en moitas outras linguas: grego, inglés, portugués, árabe, francés, castelán,...

Cada un collemos un destes folios, e recortando os textos como queriamos empezamos a darlle forma a nosa paisaxe Esmeralda...e cor!

Xa case listos, algún aproveitou para retirar algún libro. Así Jose levou un dos Megatoxos escritor por Xavier Fariña, co que fixeramos tamén un taller de contos na nosa visita ao Salón do Libro.

Así de chulas quedaron as nosas obras pictórico-poetas!

(2013-2014) PROXECTO DA PREHISTORIA EN SEXTO

 

Dentro do proxecto de centro  "A Prehistoria", os de sexto investigamos sobre a "A Prehistoria en Galicia", seguindo unha metodoloxía de aprendizaxe cooperativa e por proxectos.

Comezamos falando sobre o tema e vendo o interese que tiña para nós o estudo do pasado. 

En asemblea cada un aportou as ideas que coñecía sobre o tema da prehistoria en Galicia e, posteriormente, anotamos todo.

 Tamén sabiamos que en Galicia vivían en poboados chamados castros; que descubriron o lume por casualidade e logo conseguíano golpeando dúas pedras: que había bruxos chamados chamáns; consideraban ós cervos animais sagrados; a morte era un misterio e abandoaban aos mortos despois de enterralos; pouco a pouco xuntáronse en familias e logo en clans; os homes lucían xoias; facían petroglifos, que son gravados nas rochas e que os de Campo Lameiro son de hai 4.000 anos; usaban teares para facer roupa e recipientes de cerámica para gardar alimentos e outras cousas.

 E tamén se eran caníbales, como comezaron a falar, como facían as armas e de que material eran, como aceptaban a morte, como se organizaban, como facían os petroglifos, cal é o homínido máis antigo, de onde viñeron, se tiñan deuses e que representaban os petroglifos e as súas formas.

 Organizámonos en tres equipos e nomeamos un encargado/a de material, un coordinador/a, un ilustrador/a e un especialista informático; aínda que os cargos eran rotatorios. Cada equipo fixo tamén o seu logotipo.

 E tamén fomos traballar e recoller libros á Biblioteca Municipal "Irmáns Ricoy", onde Susana nos atendeu moi amablemente.

  Con toda esta información e outros libros e revistas que tiñamos na casa fixemos un recuncho bibliográfico, pero o que máis usamos foron os ordenadores para obter información, imaxes e ilustracións.

Aquí temos o noso recuncho bibliografíco co todo tipo de publicacións sobre a Prehistoria.

Cada equipo realizou cada unha das tres actividades, cos seus correspondentes exercicios, recollidos na UDI (Unidade Didáctica Integrada) "A nosa Prehistoria". Estas actividades e exercicios plamáronse no gra mural de aula: textos, imaxes, fotos, debuxos, diagramas, esquemas...Comprobamos que a súa relalización respondía ás preguntas que plantexaron no apartado "que queremos saber". Unha cuarta actividade realizámola entre todos, rematando nun exercicio individual e unha posta en común co traballo feito. Ademáis da visita real ao Centro de Interpretación da Arte Rupestre de Campo Lameiro, realizamos numerosas visitas virtuais a diferentes estacións, museos e lugares prehistóricos de Galicia, a Península e Europa.

 

O que son as fontes históricas e os seus tipos, que había canibalismo como comprobaron no xacemento de Atapuerca...

 Liña do tempo onde reflectimos os períodos en que se divide a prehistoria, cando comeza e cando remata, formas de vida, descubrimento da agricultura e a gandería, arte, cerámica,...

 Paleolítico e Neolítico en Galica, os menhires, a etapa do Bronce, o Mesolítico,...

  E os métodos que había para facer lume: primeiro con pedras de cuarzo,  despois con paus de abeleira...

 Organización social, homínido máis antigo, útiles e armas do Paleolítico e do Neolítico...

Explícase por que o cervo era un animal sagrado, o período castrexo, o tesouro de Caldas de Reis...

 Como eran os castros, os torques, o Casco de Leiro...

 

 Arte mobiliar: do Paleolítico...

 

 ...ao Neolítico.

Interpretación dos petroglifos: os de temática naturalista e os de temática abstracta.

 Distribución de petroglifos e monumentos megalíticos en Galicia, a Prehistoria na nosa bisbarra...

 Os petroglifos de Campo Lameiro: que son, que significan e onde están?

 Castros máis significativos de Galicia:Viladonga, Baroña, Borneiro...

 Santa Tegra e Castrolandín.

 E así está quedando o noso mural de aula do proxecto de investigación "A Prehistoria en Galicia".

E tamén visitamos o "Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Aquí estamos atendendo ás explicacións de Elena, a guía que nos acompañou no percorrido polo parque.

Na "Laxe dos Carballos", un dos petroglifos máis importantes e mellor conservados.

Estamos no "poboado", unha réplica dunha aldea da Idade do Bronce nestas terras. 

Elena ensinoumos a  facer lume  coa  técnica de frotamento de dous paus, como facían as xentes durante o período Paleolítico.

E ao final conseguiría facer lume, usando tamén unha especie de arco e palla. Logo visitamos o museo.

 E así quedou o noso traballo sobre "A Prehistoria en Galicia".

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.