Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2012-2013) Saímos de excursión a A Coruña

Xa queda case nada para que remate o curso e, coma todos os anos por estas datas, desfrutamos da excursión que facemos xuntos o 2º e 3º ciclo.

Este ano o destino foi... A Coruña

Alí tiñamos concertadas visitas ao Aquarium Finisterrae, ao Domus e a Casa das Ciencias.

Chegamos preto das once da mañá, despois dun longo viaxe no autobús.

Alí dirixímonos ao Acuario, camuflado na paisaxe. Ao fondo podiamos mirar a Torre de Hércules.

Dentro nos agardaba unha guía, a cal nos foi explicando un feixe de cousas en cada un dos apartados deste gran museo do mar...

Tamén tivemos momentos para disfrutar nos soliños dos distintos especímenes mariños que por alí se atopaban. Algúns dos que máis nos gustaron foron as medusas e os peixes paiaso(Nemo)

Tamén saímos á parte exterior para ver como alimentaban ás focas. Ademáis revisábanlle os dentes, aletas, pel,... Viven como raíñas!

Xa que facía un bo día puidemos dar un paseo por fóra do edificio e así ver máis de cerca a Torre de Hércules.

Voltamos ao interior para introducirnos no Nautilus, submarino do capitán Nemo na novela "20.000 leguas de viaxe submarino" de Julio Verne. Dende esta sala puidemos observar a Gastón, o tiburón toro, xunto cos demais peixes propios da nosa costa.

Tamén visitamos as salas onde teñen partes do esquelete dunha balea e ás lampreas.

E por último os grandes acuarios. No medio deles atopamos un estrano peixe con ventosas. Que pulpo máis raarrro!

Xa nos entraba a fame, así que marchamos ao Domus, no que xantamos na súa cantina.

  

Ao rematar, deixamos todo recollido e entramos no museo do home onde puidemos desfrutar de todo tipo de experimentos e informacións sobre o noso corpo e mente.

 Incluso fixemos algunha foto cos nosos antepasados!

De alí marchamos cara a Casa das Ciencias, onde tamén puidemos probar con diversos experimentos.

 

Xa por último entramos no planetario co nenos e nenas do colexio de Raxó, que tamén andaban ese día de excursión. Alí, o planetarista ensinounos como orientarnos no ceo nas próximas 15 noites, ademais de aclararnos algún que outro contido.

Estábase de medo´alí dentro: fresquiño, sentados nas butacas reclinadas... mirando as estrelas... 

Por último merendamos no Parque de Santa Margarida e...

de regreso, que xa chegabamos tarde!

Unha excursión ben completa!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.