Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2014-2015) A importancia da reciclaxe

 O pasado luns asistimos no noso centro a unha charla sobre a Reciclaxe.

Na aula de informática estábanos agardando Manuel, traballador do grupo Soil que se dedica ao tratamento do material de refugallo.

 

Estivemos moi atentos a todo o que nos ía contando e participamos tamén cos nosos coñecementos sobre o tema.

 

A cada neno deixounos un pequeno agasallo: Un lápiz feito reciclando caixas dos cds e caramelos!

 

Para o cole tamén deixará algo que chegará o próximo mes : uns contenedores novos para poñer dentro do colexio.

Os mércores virán sempre a recoller o contedor de envases do noso concello e estará moi atento a ver se cada vez reciclamos máis e mellor.

Polo momento... xa o martes fomos a baleirar os provisionais que temos no noso corredor ata os que hai na entrada do noso centro.

 

Agora solo agardamos a que nos envíen os contenedores que nos prometeron para...

-xuntar aínda máis e....

-reciclar aínda mellor! 

 

 

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.