Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2019-2020) Visita á Lonxa e Praza de Abastos de Portonovo

A semana pasada tivemos unha excursión para visitar a Lonxa e a Praza de Abastos de Portonovo. Esta saída estivo encadrada dentro do proxecto de centro "Eco-Bio-San", que pretende afondar nos hábitos de vida saudables, e en especial, nos hábitos alimenticios relacionados cos produtos que nos ofrece o mar. Con esta actividade buscamos que o alumnado coñeza de primeira man cales son os procesos polos que pasan os produtos que comen ata chegar á súa mesa, ademais de poder degustar pratos elaborados con produtos do mar.

Despois da presentación inicial, as guías da actividade fixéronnos unhas cantas preguntas para ver canto sabíamos sobre o mar...

A continuación pasamos á zona de subastas para coñecer en primeira persoa como funciona unha subasta real.

Xa no exterior da Lonxa, acercámonos aos diferentes utensilios de pesca para coñecer os seus nomes, as súas funcións e tamén para facer unhas cantas preguntas.

Cando chegamos á Praza de Abastos puidemos analizar as diferentes especies, os seus prezos e comprobar as etiquetas da zona de captura, tal e como nos dixeran na Lonxa.

Despois dunha mañá tan movida tocaba repoñer forzas con receitas elaboradas con produtos do mar. Que ricas estaban!

E para rematar...a foto de grupo cos nosos agasallos

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.