Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Ruta de sendeirismo polo día Mundial da Actividade Física

O día 6 de abril é o Día Mundial da Actividade Física, e como somos un centro activo e saudable, decidimos organizar unha pequena ruta de sendeirismo para celebrar dita conmemoración. Tanto os nenos de infantil como os nenos de primaria, puxéronse as zapatillas para camiñar pola contorna do centro en función do seu nivel e posibilidades. Así, os máis pequenos organizaron unha pequena ruta pola zona da Chanciña, seguindo o seu respectivo mapa e realizando as paradas estratéxicas para repoñer forzas. 

Os nenos e nenas de 1º e 2º fixeron a mesma ruta, pero decidiron alargala un pouquiño máis, posto querían acercarse ata o Rego Maneses para contemplar os muños en ruínas e observar a vexetación de ribeira.

Finalmente, os máis maiores fixeron unha ruta lineal un pouco máis longa polo mesmo rego, pero facendo máis paradas técnicas para analizar os elementos que se ían atopando pola ruta.

A merenda tampouco podía faltar!

Algúns fixeron un gran traballo recollendo o lixo que nos iamos atopando polo sendeiro. Unha boa mostra de que o exercicio e o coidado do medio ambiente son compatibles.

Boa xornada na que, unha vez máis, o alumnado tomou conciencia da importancia de realizar A.F e, se é en contacto ca natureza, mellor!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.