Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2021-2022) Maquetas dos ecosistemas

Este terceiro trimestre estivo cheo de coñecemento. Os nenos e nenas de 1º e 2º dedicaron os últimos meses do curso a investigar sobre os ecosistemas, a saber un pouco máis sobre o mundo animal e a diferenciar os fenómenos atmosféricos que teñen lugar na nosa contorna próxima e non tan próxima. 

Para o traballo dos ecosistema, primeiro tiveron que escoller un tipo de ecosistema entre os acuáticos terrestres e mixtos.

Posteriormente, e cunhas pautas marcadas polo mestre, debían buscar información sobre as características do seus ecosistemas para, finalmente, crea a súa propia maquena o máis parecida á realidade. O proceso foi lente, pois debían pensar que material empregar, o tamaño da maqueta, como facer os animais..., pero pouco a pouco ían collendo forma.

A medida que ían pasando as clases as maquetas xa se asemellaban aos ecosistemas reais, pois moitas delas tiñan todo tipo de detalles.

Rematadas as maquetas, tocaba prepapar a exposición para ensinar o seu traballo ao resto da clase. Durante a mesma, debían explicar por que escolleron ese ecosistema, como repartiron o traballo, cales son as súas características, como foi o proceso de construción, que dificultades atoparon..., e ata debían respostar as preguntas do público e votar aquelas que máis lles gustaron.

Aquí o resultado final!!! Un traballo xenial!!!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.