Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Creamos un álbum de peixes, como o primeiro produto final da nosa investigación.

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso 

26/01/24: (2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas 

14/03/24: (2023-2024) Continuamos coa nosa investigación sobre os peixes e atopamos novas respostas

12/04/24: (2023-2024) Xa atopamos tódalas respostas na nosa investigación sobre "Os peixes". Podemos comezar a traballar na creación do álbum e do vídeo.

   

Rematada a fase de investigación, chegou o momento de poñernos mans á obra coa elaboración dos "produtos finais", que nos fixáramos ao comezo deste proxecto de investigación sobre "Os Peixes".

Comezamos completando o "noso álbum de peixes".

   

Cada día o encargado escollía un sobre de cromos. Cales tocarían ese día?

     

Dentro de cada sobre atopábamos os cromos "enumerados", tan só había que buscar o seu lugar, segundo o número que tivese, no álbum.

   

Nalgunhas ocasións eran "peixes completos" e noutras só unha parte dos mesmos, que habería que completar con outros cromos.

 

    

Deste xeito ao longo dos días fomos completando o noso fantástico álbum. Escribindo o nome de cada peixe debaixo de cada cromo.

     

Así quedou o álbum unha vez rematado, listo para levar para as nosas casas. Podes ver un exemplo de seguido.

   

   

Podes descargar este álbum que creamos, cos seus cromos correspondentes, na seguinte ligazón (preme no acceso como convidado)

Descargar o álbum e cromos en pdf (banco de recursos da web) 

 

Comezamos tamén a completar o dosier individual da investigación, onde cada quen están a "reflectir" todo o que aprendeu durante o proceso, e a palmar todo o que temos no mural da investigación.

Pero desto, así como da creación "vídeo-documental"  (segundo produto final do proxecto de investigación), daremos conta en futuras entradas neste blog.

    

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.