Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

Menú do recanto


Entradas no blog do recanto
28/05/24: (2023-2024) I Xornada de convivencia de xogos populares
24/05/24: (2023-2024) Xornada de iniciación ao golf
24/04/24: (2023-2024) Experiencia en Dragon Boat
10/04/24: (2023-2024) Xornada de deporte escolar con Tenorio
04/02/24: (2023-2024) Fomentamos a alimentación e a correcta hidratación tras o deporte
15/02/24: (2023-2024) Plans de vida activa e deportiva (PVAD) II Carreira solidaria-Día da Paz
01/02/24: (2023-2024) Investigamos sobre as lesións deportivas
01/02/24: (2023-2024) Campo a través 2023
28/06/23: (2022-2023) Fomentando os xogos populares
28/06/23: (2022-2023) Estreamos rocódromo!!!
28/06/23: (2022-2023) Recreactiv@s 2022-2023
08/07/23: (2022-2023) A xincana das emocións
06/06/23: (2022-2023) - Xornada de clausura do deporte escolar
25/05/23: (2022-2023) Deporte escolar con Soutelo
28/04/23: (2022-2023) Xornada de deporte escolar en Tenorio
28/04/23: (2022-2023) Piragüismo en dragóns con Teresa Portela
30/03/23: Xogade 2022-2023. 1ª xornada en Forcarei
16/10/22: (2021-2022) II Edición dos Nutri-recreos
29/06/22: (2021-2022) Recreactiv@s
16/10/22: (2021-2022) Deporte escolar 21-22
29/06/22: (2021-2022) Descubrindo os xogos populares filipinos
16/10/22: (2021-2022) Carreira de orientación inclusiva
30/06/21: (2020-2021) Recreactiv@s
30/06/21: (2020-2021) Xincana saudable
04/07/21: (2020-2021) Merendas saudables. Resumo anual e entrega de premios
04/07/21: (2020-2021) Ruta de sendeirismo polo Día Mundial do Medio Ambiente
09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Día Mundial da Saúde 2021. Recomendación sobre hábitos saudables
24/05/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - RECEITAS SAUDABLES PARA OS RECREOS
12/09/20: (2020-2021) Funcionamento das clases de E.F na nova normalidade
20/02/20: (2019-2020) Habilidades ximnásticas (Acrosport)
07/02/20: (2019-2020) Deportes adaptados no "Día da Paz"
06/02/20: (2019-2020) Cross Provincial de Castrelos
07/02/20: (2019-2020) Campo a Través
06/12/19: (2019-2020) FinDeportivos novembro
06/12/19: (2019-2020) Magosto 2019
15/03/19: (2018-2019) Xornada de Atletismo en pista en Pontevedra
20/04/18: Deporte escolar co colexio de Forcarei
19/04/18: Coñecendo e practicando o Baloncesto!
22/03/18: E máis E.F no segundo trimestre
28/02/18: Xornada de deporte escolar en Tenorio
08/02/18: Acrosport con 5º e 6º
21/12/17: Traballando en E.F no primeiro trimestre
09/12/17: (2017-2018) Cross escolar 2017!
02/12/17: (2017-2018) Xornada de xogos durante o magosto
23/05/17: Traballando a Expresión Corporal en 1º e 2º
23/05/17: Deporte escolar contra Tenorio
27/04/17: Deporte escolar contra Soutelo-Cerdedo
27/03/17: Xornada de deporte escolar (Forcarei)
10/11/16: XINCANA DE XOGOS DURANTE O SAMAÍN PARA TODO O COLEXIO!
04/10/15: (2014/2015) Fin de curso en EF: Búsqueda.
31/05/15: (2014/2015) Fin do proxecto sobre o xogo popular
24/04/15: (2014-2015) O xogo popular en EF
15/03/15: (2014-2015) Vídeos de J.M.Okutu (remata quinto no campionato europeo)
25/02/15: (14-15) J.M.Okutu clasificado para os europeos! Démoslle sorte... (Vídeo coa noticia no telexornal)
25/02/15: (2014-2015) Participación dende EF no Salón do Libro.
29/01/15: (2014/2015) U.D. Atletismo: traballos e visita de J.M. Okutu.
04/12/14: (2014-2015) As oito NORMAS dun DEPORTISTA para coidar a súa SAÚDE
04/11/14: (2014-2015) Traballando os Primeiros Auxilios en E.F.
06/07/14: (2013-2014) Búsqueda prehistórica dende Educación Física
01/06/14: (2013-2014) Recopilando rifas.
18/12/13: (2013-2014) Practicando no terceiro ciclo o Acrosport
06/10/13: (2013-2014) A Flexibilidade: os estiramentos.
18/09/13: (2013-2014) Desfrutando dos xogos cooperativos co paracaídas.
25/06/13: (2012-2013) Búsquedas en E.F.
29/05/13: (2012-2013) A ORIENTACIÓN
22/05/13: (2012-2013) Coñecemos a LOITA LIBRE OLÍMPICA
11/05/13: (2012-2013) Práctica de deportes alternativos
26/04/13: (2012-2013) Deporte alternativo: LACROSSE - INTERCROSSE
23/04/13: Os deportes alternativos: o KIN BALL
23/04/13: (2012-2013) Os deportes alternativos: o ULTIMATE
09/04/13: (2012/2013) Traballando a expresión corporal .
17/02/13: (2012-2013) Participación na carreira de Campo a través
25/01/13: (2012-2013) DEPORTES individuais e colectivos
20/11/12: (2012-2013) Xogos do Magosto
05/11/12: (2012-2013) Traballando a nosa hixiene postural
02/07/12: (2011-2012) Fin de curso en E.F.: Búsqueda Olímpica
04/06/12: (2011-2012) Saída á Festa do Deporte
06/06/12: (2011-2012) Deportes Paraolímpicos: Goalball, Boccia...
21/05/12: (2011-2012) Olimpíadas da Antigüedade
08/05/12: (2011-2012) Actividade lúdica Xogade: BÉISBOL E SOFBOL
02/05/12: (2011-2012) BEISBOL na escola: 3º, 4º, 5º e 6º
30/04/12: (2011-2012) Rematamos a participación en Deporte escolar co colexio de Cerdedo
17/04/12: (2011-2012) Facendo pelotas cometa en 1º e 2º curso
22/04/12: (2011-2012) Terceiro trimestre en E.F.: acércanse as Olimpiadas (Londres 2012)
15/04/12: (2011-2012) Participación de Deporte Escolar: Soutelo
23/03/12: (2011-2012) Encontro de Deporte Escolar: Forcarei (2º e 3º ciclo)
19/03/12: (2011-2012) Participación en Deporte escolar: Tenorio.
15/03/12: (2011-2012) O BÁDMINTON
03/03/12: (2011-2012) Informádevos aquí sobre: Balonmán, Baloncesto, Fútbol, Bádminton e Xadrez
26/02/12: (2011-2012) E.F. : Coñecendo o Acrosport.
31/01/12: (2011-2012) Xa temos os resultados do Cross
28/01/12: (2011-2012) Acrosport
26/01/12: (2011-2012) Participación na carreira de Campo a través (2º e 3º ciclo)
25/01/12: (2011-2012) Primeiro trimestre en EF: 3º ciclo (5º e 6º)
22/01/12: (2011-2012)Primeiro trimestre en EF: 2º ciclo (3º e 4º)
25/01/12: (2011-2012) Primeiro trimestre en EF: 1º ciclo (1º e 2º )
12/12/11: (2011-2012) Disfrutando co Xogo Popular
03/12/11: (2011-2012) Mes dos XOGOS POPULARES en Educación Física
06/10/13: OS ESTIRAMENTOS: explicacións e tipos
02/12/11: vídeo dos XOGOS POPULARES
16/10/15: (2015/2016) EF: EXERCICIO FÍSICO e SAÚDE
03/12/11: OS XOGOS POPULARES: explicacións de cada un deles
03/12/11: CLASIFICACIÓN DE 99 XOGOS (CASCAYO)
25/11/11: (2011-2012) Circuito de xogos para a Celebración do Magosto
04/11/11: (2011-2012) Beneficios da actividade física
24/06/11: (2010-2011) Fin do terceiro trimestre en E.F.: "Día Pirata"
24/06/11: (2010-2011) Terceiro trimestre en E.F.
24/06/11: (2010-2011) Festa de Deporte na escola
19/06/11: (2010-2011) 2º trimestre en E.F.: 1º e 2º
25/05/11: (2010-2011) 2º trimestre en E.F.:3º e 4º
24/06/11: (2010-2011) 2º trimestre en E.F.: 5º e 6º
13/04/11: (2010-2011) Participación no Deporte escolar: Tenorio
29/03/11: (2010-2011) Participación en Deporte Escolar: A Reigosa
25/03/11: (2010-2011) Participación en Deporte Escolar: Ponte Caldelas
07/02/11: (2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 3º curso
13/04/11: (2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 5º e 6º curso
03/02/11: (2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 1º e 2º curso
06/12/10: (2010-2011) Clasificación Campo a través
12/04/11: (2010-2011) Participación en campo a través - Deporte escolar-
27/04/10: David Cal visita o noso centro.
27/04/10: DEPORTE ESCOLAR
16/07/19: Menú do recanto
06/02/13: Xogos do recanto de E.F.

(2023-2024) I Xornada de convivencia de xogos populares

O luns 27 de maio desprazámonos ata o campo de fútbol "As extremas", en Cotobade, para desfrutar dunha xornada de xogos populares na compañía doutros centros da zona Terra de Montes. Esta xornada, iniciativa pioneira dos mestres/as que imparten clase en dita zona, tivo por obxectivo fomentar os xogos populares á vez que convivimos e coñecemos nenos/as doutros centros. 

O día e a ubicación era ideais para a xornada.

Cando chegamos, organizáronnos en equipos heteroxéneos e explicáronnos o funcionamento dos xogos. O resto foi desfrutar!

Pero, tamén houbo tempo para repoñer forzas, non todo é xogar!

Para o ano repetimos. Que ben pasamos!!!

(2023-2024) Xornada de iniciación ao golf

O pasado xoves 16 de maio, dirixímonos ao Campo de golf de Meis para recibir unha clase de iniciación ao golf. Destacar que estas xornada están enmarcadas dentro do programa Xogade, que este ano ofertou deportes menos coñecidos e practicados como poden ser o remo ou o golf. 

Despois dunha viaxe de 45 min, chegamos ao campo. O día non acompañaba moito, pero finalmente puidemos facer a práctica sen impedimentos. 

Xa no campo, os coordinadores da actividade ensináronnos as instalacións. 

Despois dun breve tour polas instalacións tocaba aprender a técnica básica para realizar un gran golpeo. Dividímonos en dous grupos, un realizaría golpeos longos, e o outro, curtos no green. Pero, primeiro debiamos atender ás explicacións con moita atención.

Turno para os golpeos longos

Turno para os golpeos curtos

Interesante e divertida xornada na que aprendemos e desfrutamos dun novo deporte para nós! Repetiremos!

(2023-2024) Experiencia en Dragon Boat

O pasado luns 22 de abril, os nenos/as de 6º tiveron a oportunidade de experimentar por primeira vez o que é remar sobre un barco dragón. 

O día acompañaba moito, e despois dun breve quencemento e explicación sobre as normas de seguridade e técnica básica, puxémonos a remar.

Todo preparado, listo para remar!!!

En colaboración cos compañeiros/as de Forcarei, que nos acompañaron na embarcación, estivemos navegando polo encoro do Pontillón de Castro, en Verducido. Aínda fixemos uns cantos kms!!!

Logo había que repoñer forzas, despois do gran esforzo que fixemos!!!

Namentres, os nosos compañeiros/as de 5º aproveitaron para facer unha pequena ruta de sendeirismo, analizar a flora e a fauna e desfrutar do entorno en boa compañía.

Para o ano repetimos!!!

(2023-2024) Xornada de deporte escolar con Tenorio

Comezamos as xornadas de deporte escolar, que nesta ocasión tocou no noso centro. Ao longo da mañá fomos competindo en diferentes deportes como o fútbol, o baloncesto ou o balonmán, pero sempre co obxectivo de pasalo ben, desfrutar do deporte en compañía e facer exercicio físico dun xeito distinto. 

Os nosos alumnos/as dérono todo nunha xornada con partidos moi competidos e emocionantes. 

Grazas a todos/as pola participación.

Próxima xornada: Forcarei

BALONMÁN 5º E 6º

FÚTBOL 5º E 6º

OS COMPAÑEIROS/AS APOIANDO FORTE

BALONMÁN 3º E 4º

BALONCESTO 3º e 4º

PANCARTA DE APOIO

(2023-2024) Fomentamos a alimentación e a correcta hidratación tras o deporte

O pasado martes 31 de xaneiro celebramos a II carreira solidaria polo día da Paz. Ademais de contribuír a unha boa causa e promocionar a práctica deportiva non competitiva, aproveitamos para fomentar a alimentación e hidratación tras a práctica deportiva. Dende o centro puxemos á disposición de tódolos/as participantes auga e e plánatos, para repoñer forzas depois da carreira de obstáculos. 

Somos unha auténtica NUTRIESCOLA!!!

(2023-2024) Plans de vida activa e deportiva (PVAD) II Carreira solidaria-Día da Paz

Xa como unha tradición, este ano volvemos a organzar e a participar na "II carreira solidaria" para conmemorar o día da Paz, contando ca presencia e colaboración dos membros da comunidade educativa.

Nesta ocasión acordamos recoller roupa e material escolar, que logo entregaríamos á "Asociación Boa Vida" de Pontevedra, para darlle un segundo uso e lla fagan chegar a aqueles nenos e nenas que a precisen.

Os alumnos/as de infantil crearon unha pancarta para "encabezar" a marcha ata o campo de fútbol.

 

   

Cando chegou o día da Paz, o 30 de xuño, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio comezamos a marcha cara o campo de fútbol. Acompañáronnos as nosas familias, que particpiarían tamén na carreira.

E chegou o momento, todos estabamos listos para participar na carreira...

   

... que nesta ocasión tiña tamén obstáculos que había que salvar.

Rematada a carreira, tocaba repoñer folgos de forma saudable cun plátano e unha botella de auga, contribuíndo tamén a cumprir cos obxectivos do noso proxecto Nutriescolas (alimentación saudable)

Como despedida, e despois de recibir a chapa conmemorativa, unha foto de grupo para o recordo. 

E por suposto, un foto todos xuntos, incluídas ás nosas familias.

Grazas a todos e a todas por participar, e formar parte desta "II marcha solidaria pola Paz".

Deixamos algunhas fotos máis:

(2023-2024) Investigamos sobre as lesións deportivas

Este trimestre estivemos a investigar un pouco sobre as lesións que poden ocorrer durante a práctica deportiva. Dentro das múltiples lesións existentes, escollemos as máis habituais e as que máis lles soaban. Despois de facer o reparto, puxémonos a investigar individualmente ou por parellas. Debían buscar información sobre o tipo de lesión, os síntomas, as causas e os posibles coidados e prevención. Xa co traballo feito, tocaba expoñérllelo aos nosos compañeiros/as.

Primeiro foron os ESGUINCES

Turno para os CALAMBRES MUSCULARES

Úrsula e Lucía faláronnos dos TRAUMATISMOS

Brais é todo un experto en ROTURAS FIBRILARES

Se tendes algún CORTE ou FERIDA, Lara pode axudarvos

Alicia e Nico explicaron moi ben que son as DISTENSIÓNS MUSCULARES

Velaí o resultado final dos expertos en lesións deportivas

(2023-2024) Campo a través 2023

O pasado mércores 22 de novembro, asistimos ao Cross escolar organizado pola Asociación Deportiva Terra de Montes. Nela participaron centos de nenos/as de diferentes centros da contorna (Campo Lameiro, Cerdedo, Soutelo, Tenorio, Ponte Caldelas, A Lama, Fornelos, etc.); e como non, os alumnos/as do CEIP Pedro Antonio Cerviño non podías faltar a esta cita tan esperada. Correron os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º nas categorías mixtas de benxamín, alevín e infantil respectivamente. Despois de moito pospoñelo por mor da climatoloxía, quedounos unha bonita xornada na que disfrutamos da práctica deportiva e tamén da competición.

Antes de comezar tivemos que recoñecer o noso percorrido.

Primeiro fixemos un bo quencemento

Fixemos piña e charla motivacional antes de comezar

Turno para os de 3º e 4º!!!

E agora tócalles aos nenos e nenas de 5º e 6º!!

Pero tamén houbo tempo para repoñer forzas!!

Para o ano máis!!!

(2022-2023) Fomentando os xogos populares

Como cada ano por estas datas, buscamos fomentar a práctica de xogos populares entre o noso alumnado. Nesta ocasión presentámoslles os birlos, a petanca, os trompos, as canicas, as chapas, os aros e a comba. 

Para o ano máis!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.