Skip to Content

INSCRICIÓN NOS SERVIZOS DE COMEDOR, MADRUGADORES E CAMBIADORES

Benqueridas familias, 

 

Informámosvos de que o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores estará aberto do día 10 ao 30 de agosto.Como xa se fixo nos últimos anos, realizarase a través da web de Jardanay (https://jardanaycomedores.es/) cos seguintes identificadores:

 

 

Usuario: cidadevella 

 

Contrasinal: comedores2022

 

 

Lembramos que  para poder utilizar estes servizos é IMPRESCINDIBLE: 

 

 - Ser socios da ANPA. É necesario inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende a páxina web da propia Asociación (https://anpaherrerias.blogspot.com/p/inscripcion.html).

 

- Pagar anualmente a cota de 15 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.

 

- Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com).

 

PROXECTO A CIDADE VELLA : CADERNO DIXITAL

05/07/2022 16:18
Europe/Madrid

                  

LISTADO PROVISIONAIS DE FONDO LIBROS

Prezadas familias: 

Xa podedes consultar a listaxe provisional de admitidos e excluidos no fondo libros e a de axudas para a adquisición de libros de texto e/ou de material escolar concecidas e excluidas no taboleiro de cortiza que hai na entrada do colexio. Tedes  dous días para facer reclamacións de ser o caso e o luns día 4 de xullo publicarase a listaxe definitiva.

Xa se poden vir a recoller a partir de mañá de 9:30 a 11:00 os vales concedidos. 

Un saúdo.

 

MATRÍCULA CURSO 2022-2023

Prezadas familias:

Comeza o prazo, para presentar as novas matrículas para o curso 2022-2023, que irá dende o 20 ao 30 de xuño de 2022.

O horario de atención presencial será:

O luns 20 de 09:15 a 11:30.

O martes 21 de 09:00 a 09:50 horas.

O mércores 22 de 13:10 a 14:00 horas.

Dende o 23 ao 30 de xuño de 10:00 a 14:00 horas. Non é obrigatorio solicitar cita previa, pero si aconsellable para asegurar a atención presencial.

 

DOCUMENTACIÓN (pódese descargar a través das ligazóns):

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2022-2023

Prezadas familias.

A continuación presentamos as axudas para adquirir o material e os libros de texto do curso 2022-2023, que abrangue dende  19 de maio ata o 22 de xuño.

 

 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

Prezadas familias.

Dende hoxe 19 de maio e ata o 30 de setembro de 2022 estará aberto o prazo para a solicitude de bolsas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

A continuación adxuntamos o enlace á páxina do Ministerio de Educación e Formación Profesional, coa información correspondente.

BECAS ANEAE

BOLSAS 2022-2023

Estimadas familias.

Achegamos a información que nos traladan dende a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial de A Coruña:

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 08-03-2022

 

Como cada curso escolar o 8 de marzo comemoramos o Día Internacional da muller e para eso realizamos diferentes traballos dentro da aula e outros para decorar o centro.

Houbo traballos de diferentes tipos: referencias á mulleres moi importantes ao longo da historia; referencias as nais traballadoras, as mulleres de Ucraína...

Entre todas e todos quixemos deixar constancia da importancia das mulleres na vida, na sociedade e en tódolos aspectos da existencia, intentando que se acaben as diferenzas todavía existentes.

Podedes ver os traballos na galería

CAMPAMENTO SEMANA SANTA 2022

Prezadas familias.

Enviamos a proposta de SerOcio para a realización do campamento de Semana Santa que se vai levar a cabo no centro.

A continuación a súa información:

RECOLLIDA DE MEDICACIÓN EN FAVOR DE UCRAÍNA

Estimadas familias.

A partir de mañá mércores 9 de marzo comezaremos no centro unha campaña de recollida de medicación (ANTIBIÓTICOS, ANTIPIREICOS, ANALGÉSICOS), BOTIQUÍNS DE PRIMEIROS AUXILIOS E VENDAS/GASAS para centros de atención de EMERXENCIA E HOSPITAL DE ODESSA.

Esta campaña é realizada pola ONG FAMILIES4PEACE, que actualmente están destacados en Palanca, unha cidade de Moldavia, na fronteira con Ucraína.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Distribuir contido


by Dr. Radut