Skip to Content

INSTRUCCIÓNS E INFORMACIÓN BECAS NEAE

Prezadas familias.

Velaquí as instruccións e información que nos achegan sobre as becas NEAE.

 

Co obxecto de que non se retrasen os pagos é moi importante:

 

  • Leer atentamente as instruccións que se remiten.

  • O/A solicitante e sempre o/a alumna, nunca os pais ou outros familiares

  • Cubrir todo o impreso da solicitude segundo se indica na mesma.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informamos que a ANPA HERRERIAS , asociación de nais e pais de alumnos/as de noso cole, ven de publicar a proposta de actividades extraescolares nas súas canles de información habitual.

CANAL TELEGRAM:

https://t.me/joinchat/RVJFcOalN8OTCtx2

 

BLOGUE:
https://anpaherrerias.blogspot.com/

Pregamos vos suscribades a calquera deles para poder estar informados/as  do proceso

Para dúbidas enviar mail a apaherrerias@gmail.com

 

COMUNICADO 1º DÍA DO CURSO 2021-2022

Estimadas familias.

Achegamos un documento que recorda a organización en canto ao horario de entradas e saídas do centro e as normas que se deben cumprir e respectar.

 

 

 

Un saúdo e bo comezo de curso!

MATERIAL AULA

Estimadas familias a continuación deixámosvos os listado do material de aula solicitado polos/as titores/as.

Non aparece o de 4º de Educación Infantil (3 anos), porque xa foi entregado pola titora.

Premendo en cada aula levaravos ao documento co material:

 

EDUCACIÓN INFANTIL:

- 5º ED. INF. (4 ANOS)

- 6º ED. INF. (5 ANOS)

                                                                                                                      

EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º ED. PRIM.

2º ED. PRIM.

3º ED. PRIM.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Estimadas familias.

 

Agradecervos a vosa presenza ás reunións de hoxe; agardamos que servisen para aclaran algunha dúbida e axudarvos para comezar o novo curso.

 

Premendo no seguinte imaxe teredes toda a presentación.

 

 

 

PRESENTACIÓN CURSO 2021-2022

 

Prezadas familias.

 

Convocámosvos a unha reunión-presentación do curso escolar 2021-2022 o vindeiro LUNS 6 DE SETEMBRO  no paraninfo do rectorado da Universidade, co seguinte horario:

- Educación Infantil ás 10:30 horas.

- Educación Primaria ás 12 horas.

 

Pregamos que:

- Acuda só un membro da familia.

- Evitar traer ós/ás nenos/as (na medida das posibilidades).

- Cumplan as medidas de desinfección e hixiene marcadas pola universidade.

 

Recibide un cordial saúdo.

Marcos Bóveda.

Director Ceip Cidade Vella.

Beca comedor 2020

Prezadas familias.

 

Remitimos información sobre as bolsas de comedores municipais.

 

Comunicámosvos que está publicada a listaxe  de persoas propostas definitivamente como beneficiarias e a súa puntuación outorgada da convocatoria de axudas de bolsa comedor 2021/2022.

 

Taboleiro de anuncios e edictos municipal 

https://sede.coruna.gob.es/

 

Páxina web de servizos sociais

 https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/beca-comedor-2021-2022-publicacion-del-listado-de-personas-propuestas-definitivamente-como/suceso/1453771816093

Saúdos.

 

Aviso ANPA Herrerías

Queridas familias.

Transmitimos información remitida pola ANPA Herrerías, con relación ao comedor escolar do vindeiro curso escolar 2021-2022.

 

Desde ANPA Herrerias se informa que el plazo para inscribirse como usuarios del comedor en el próximo curso se inciará el día 10 de Agosto. Los próximos días publicaremos en nuestros medios de difusión como será el procedimiento y los requisitos y condiciones. Os pedimos esteis atentos/as y os sucribais a los mismos para poder estar al día de la información.

 

Nuestro blog es https://anpaherrerias.blogspot.com/

Nuestro canal de telegram https://t.me/joinchat/RVJFcOalN8OTCtx2

 

Muchas gracias.

 

 

Listados provisionais Bolsas Comedores Municipais Curso 2021-2022

Estimadas familias.

Adxunto información sobre os listados provisionais de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para

o curso 2021-2022.

Convocatoria Bolsas Comedores Municipais Curso 2021-2022

Estimadas familias.

Velaquí a información remitida ao centro sobre as Bolsas de Comedores Municipais para o vindeiro curso escolar.

Tamén a vosa disposición no taboleiro de anuncios do centro.

 

Por outro banda, lembrade que estamos en horario de mañá durante o mes de xullo, en horario de 10:00 a 12:00 horas para a vosa atención.

(En caso de imcompatibilidade horaria chamade o centro para concertar cita á hora convinte).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut