Skip to Content

BANDA SONORA POSTAIS NADAL

Prezadas familias.

Como todos os anos vamos a levar a cabo un concurso de postais no centro; polo que vos pedimos que colaboredes coa creación dunha BANDA SONORA, que acompañará ao vídeo que faremos para amosarvos as postais de todo o alumnado.

Pode ser un tema vocal, instrumental ou ambos, interpretando un tema do nadal.

Podedes facelo de forma individual ou grupal e entregalo en formato mp3 ou mp4.

A data tope para entregalo será o venres 17 de decembro.

Grazas pola vosa colaboración.

 

 

TALLERES IGUALDADE ANPA HERRERÍAS

O álbum elixido (aid = 3) non ten ninguha imaxe, ou non é público!

Grazas ao Anpa Herrerías, a semana pasada o alumnado do centro puido disfrutar duns fantásticos talleres titulados Medrando en Igualdade, desenvoltos nunha sesión de contacontos para o alumnado de Educación Infantil e en dúas sesións para o alumnado de Educación Primaria, coa temática de Coñecendo o noso propio corpo de 1º a 3º de Educación Primaria e Xogando en Igualdade de 4º a 6º de Eduación Primaria.

A experiencia resultou moi satisfactoria en todos os aspectos, feito contrastado por parte dos/as alumnos/as e mestres /as.

Dende o centro queremos agradecer á Anpa Herrerías a aportación realizada e agardamos seguir colaborando con máis actividades.

Pinchando na foto poderes ver o que se realizou nos talleres.

RESULTADOS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias.

 

En primerio lugar agradecer a gran participación polo vosa parte nas eleccións para elixir aos representantes dos pais/nais e /ou titores/as legais do alumnado.

Os/as elixidos foron os/as seguintes:

- Lourdes Pérez Torres.

- Ignacio Martínez Vázquez.

- Jorge Manteiga Corral.

- Adolfo Martín Naya Fernández.

 

No taboleiro de anuncios do centro podedes comprobar os resultados.

 

Agradeceríamos que, para ver os resultados, non se interferira na entrada nin na saída do alumnado, é dicir que agardedes ata que entren ou saian todo o alumnado para miralos. Grazas.

CIRCULAR INFORMATIVA ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias.

Lembramos a convocatoria para as eleccións dos representantes de pais/nais e/ou titores legais do alumnado ao Consello Escolar a celebrar o vindeiro LUNS 22 de novembro de 17:00 a 20:00 horas.

A dirección deste Colexio anima a todos os pais, nais e titores legais do alumnado a que participen na votación do próximo luns, como unha forma máis de colaboración na organización do Centro, a fin de conseguir a máxima representatividade posible de pais e nais no Consello Escolar.

A continuación adxuntamos a circular informativa.

 

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS

Estimadas familias.

Publicada o 12 de novembro de 2021 no Diario Oficial de Galicia a Orde do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en privados concertados no curso 2021/22.

 

Criterios de concesión da axuda

Os/as alumnos/as que foron beneficiarios da AXUDA DE MATERIAL ESCOLAR 2021/2022 adquiren automáticamente o dereito ás máscaras, NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE.

O alumnado non beneficiario das axudas para material escolar, poderá presentar solicitude no centro ata o venres 26 de novembro, nos seguintes supostos:

•  Pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (*)

• Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar.

 

(*) Para o cálculo da renda per cápita do exercicio fiscal 2019, sumarase a base impoñible xeral (recadro 432)  e a base impoñible de aforro (recadro 460) e dividirase entre os membros computables da unidade familiar. (a 31/12/2019)

Unidade familiar a efectos desta orde:  os/as membros/as que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% computará por dous. En Guarda e Custodia compartida os proxenitores formarán unha unidade familiar cos fillos en común. (a 31/12/2019)

Informarase da distribución das máscaras as familias beneficiarias coas instruccións que nos indiquen dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

CANDIDATURAS DE PAIS NAIS E/OU TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias.

No presente documento podedes comprobar as candidaturas presentadas para a elección dos representantes dos pais/nais e/ou titores legais para as eleccións ao Consello Escolar, que como ben sabedes se celebrarán o vindeiro Luns 22 de novembro de 17:00 a 20:00 horas e donde deberedes elixir a 4 representantes.

Esta información está dispoñible no tabolerio de anuncios do centro da entrada principal.

  

 

SAMAÍN-MAGOSTO 29-10-2021

                      

O venres 29-20-2021 gozamos dunha festa terrorífica e á vez tradicional, xa que celebramos o Samaín e o Magosto; para conmemoralas fixemos varias cousas: o primeiro foi vir disfrazados dando moito medo e o segundo foi realizar uns xogos populares e comer as tradicionais castañas.

Ao longo da semana fomos decorando o centro e a partir do mércores comezamos a traer cabazas para participar no Concurso de Cabazas, nas categorías de terrorífica e orixinal; os gañadores do concurso foron:

EDUCACIÓN INFANTIL:

CABAZA MÁIS ORIXINAL: LOLA. (6ºEI)

    

 

CABAZA MÁIS TERRORÍFICA: CARMEN. (6º EI)

  

 

EDUCACIÓN PRIMARIA:

CABAZA MÁIS ORIXINAL: ESTEFANÍA (4º EP)

  

 

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

Prezadas familias.

Como xa vos informamos, este mes levaremos a cabo o proceso de renovación do Consello Escolar; polo que hoxe os vosos/as fillos/as levarán unha circular informativa para a casa na que se vos informa da presentación de candidaturas para cubrir as prazas de representantes dos pais/nais ou titores/as legais.

Esta información tamén estará publicada no taboleiro de anuncios da entrada principal do centro.

Calquera dúbida nos dubidedes en consultala.

 

CONSTITUCIÓN XUNTA ELECTOTRAL

Estimadas familias.

Esta ano levaranse a cabo ás eleccións ao Consello Escolar, polo que comeza o plazo para realizalas.

O primeiro paso será a Constitución da Xunta Electoral, que se realizará mediante un sorteo público o xoves 28 de outubro ás 11:00 horas no salón de actos do centro; neste sorteo elixirase representantes dos/as mestres/as (titular e suplente), representantes dos/as pais/nais/titores legais (titular e suplente) e representante de administración e servizos (titular e suplente).

NON TRAER CASTAÑAS

Prezadas familias:

Con motivo da celebración do Magosto, o vindeiro venres 29 de outubro, pediusevos que mandásedes un feixe de castañas.

Ao final NON MANDEDES AS CASTAÑAS; xa se encarga o cole de todo.

 

Desculpade as molestias.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut