CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO RAPEANDO EN GALEGO
Co motivo da celebración do día do libro, no CEIP Coirón Dena elaboramos unhas presentacións moi animadas nas que se contan contos en forma de RAP.
Todos os traballos (dende Educación Infantil ata o 3º ciclo) se poden ver no noso canal de Youtube ou no Blogue do Equipo de Normalización Lingüística.
Esperamos que vos gusten.
Mestres/as do CEIP Coirón Dena remataron o traballo de elaboración de curtas de animación de cara á participación no concurso "Nós tamén creamos" que organizan a Consellería de Educación e a Editorial OQO.
O traballo consistiu en elexir un conto que nos facilitaba dita editorial e intentar, a través de técnicas "Stop Motion" de animación, crear un pequeno filme dese conto.
O papel do alumnado foi o de traballar as personaxes a través de plastilina, practicar unha minianimación na aula e finalmente utilizar as súas voces para a narración do conto.
Para acceder e visualizar as animacións será necesario acceder á páxina de contidos infantís da CRTVG.
NAVEGA CARACOL. Nivel: Educación Primaria
QUÉ SUSTO! Nivel: Educación Infantil

A Consellería de Educación, finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, fai pública a relación das listaxes detalladas e abre un prazo de 10 días naturais (do 9 ao 18 de maio) para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido para o CEIP Coirón Dena.
Ao non terse presentadas reclamacións á listaxe provisional de alumnos admitidos, este centro PUBLICA as seguintes LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO.
Nota: Para ver as listaxes de admitidos acceder ao menú "adxuntos" na parte superior.
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

Para ver as listaxes de admitidos acceder ao menú "adxuntos" na parte superior.



