Xornada de portas abertas - 15 de febreiro

O vindeiro mércores 15 de febreiro teremos a Xornada de Portas Abertas no noso centro. Convidámosvos a que coñezades a nosa oferta, as nosas instalacións, a nosa metodoloxía...

No edificio de Rampa de Sas ás 17 horas

Felices Festas!

Resultados eleccións Consello Escolar

A Xunta Electoral reuniuse o 30 de novembro para revisar as actas dos escrutinios e aprobar os seus resultados.

Polo sector do profesorado había 2 vacantes que cubrir e os candidatos con máis votos foron: Inés Losada Alonso e Aránzazu Rodríguez Blanco.

Polo sector de nais/pais/titores legais había 3 vacantes que cubrir e as candidatas seleccionadas foron (por orde de votos): Patricia Suárez Rodicio, Esmeralda Vázquez Deus e Lourdes Díaz Díaz.

A representante da ANPA, Chiara María Lazzaretto confirmou a súa continuidade no Consello, ao igual que a representante do Concello, Delfina Lage Fernández.

A Xunta Electoral dá traslado das copias das actas á Xefatura Territorial da Consellería en Ourense.

Nos vindeiros días, a dirección do centro convocará a todo o Consello Escolar para a pertinente reunión de constitución. 

A acta completa da reunión está aquí adxunta: 

Ampliación da axuda para adquisición de material escolar

As persoas que xa foron beneficiarias da axuda para adquirir material escolar por importe de 50 €, ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, recibirán agora unha axuda adicional de 25 €

Os vales serán entregados ás familias a partir do martes 18 de outubro en horario de oficina en Rampa de Sas (de 9h a 14h). Este vale debe ser utilizado nas librerías preferentemente antes do 1 de decembro de 2022.

Máis info no DOGA do 14 de outubro de 2022. 

Benvida do curso 2022-23

O pasado día 8 dimos a benvida ao alumnado para este novo curso 2022-23.

Con ilusión e esperanza percibimos como a rapazada tiña ganas de volver a unha normalidade perdida nos últimos meses. 

Desexamos a toda a comunidade educativa un bo curso onde a convivencia e a harmonía sexan a base para todo o demáis. 

Entrega Libros de Texto do Fondo de Libros

A entrega dos libros de texto correspondentes ás axudas de Fondo de Libros terá lugar o vindeiro martes 6 de setembro, cos seguintes horarios.

 


3º de Educación Primaria

09:30

4º de Educación Primaria

10:30

5º de Educación Primaria

11:30

6º de Educación Primaria

12:30

Os titores de cada grupo, no edificio de Rampa de Sas, entregarán os libros ás familias, previa sinatura de xustificante de entrega.

Nos cursos de 3º e 5º de Educación Primaria non podemos garantir a dispoñibilidade de todos os libros para ese día. Se algunha familia prefire agardar a que estén todos, poderán recollelos unha vez iniciado o curso nas oficinas administrativas de Rampa de Sas.

Se algunha familia ten irmáns en distintos cursos, pode escoller a franxa horaria que prefira.

Lembramos que tamén están dispoñibles os vales para compra de material e/ou libros.

Normas de entrada e saída ao colexio durante o curso 2022-23

Entradas e Saídas do Alumnado no Curso 2022-2023

EDIFICIO GRECO

Entrada: 9:00h

(As portas abriranse ás 8:55 horas e pecharanse ás 9:05 horas)

Saída: 13:55 (Educación Infantil) e 14:00 (Educación Primaria)

A entrada do alumnado (tanto E.Infantil como E.Primaria) poderá facerse pola cancela grande (portas dos murais) ou pola cancela traseira (entrada pola rúa Dalí).

O alumnado será recollido polo profesorado correspondente.

As familias non accederán ao recinto escolar.

A saída do alumnado (tanto E.Infantil como E.Primaria) farase exclusivamente pola porta principal, sendo entregado polo profesorado correspondente.

O alumnado de 3 anos, durante o período de adaptación, entrará pola porta de entrada principal do colexio no horario establecido, e unha vez rematado o período de adaptación, entrará polas cancelas ao igual que o resto do alumnado.

EDIFICIO SAS

Educación infantil

Entrada: 9:05h

Saída: 13:50h

Co fin de facilitar a entrada do alumnado de Educación infantil ao colexio, pódese facer pola entrada principal de abaixo (preferentemente) ou pola entrada de arriba (rúa das Meigas - aparcadoiro).

No caso de irmáns, a entrada farase pola porta de abaixo e o alumnado de infantil será o que entre no horario do irmán de Ed.Primaria e serán atendidos polo profesorado de garda.

No caso de alumnado que acceda ao centro pola porta superior (aparcadoiro), deberá esperar xunto coa familia (fóra do recinto escolar) a que os seus compañeiros suban para incorporarse á fila.

No período de adaptación de infantil (3 anos), as familias poderán acompañar aos seus fillos e fillas ata a porta da aula tanto nas entradas como nas saídas.

Educación primaria

Entrada: 9:00h

Saída: 14:00h

As entradas e saídas ao colexio do alumnado de Educación Primaria faránse exclusivamente pola cancela de abaixo (porta principal de entrada ao patio).

As portas abriranse ás 8:50 horas

Haberá profesorado na cancela e no patio, responsable do alumnado unha vez que entre no recinto escolar, para organizar a súa incorporación ás filas e posteriormente ás aulas.

As familias non accederán ao recinto escolar.

No momento da saída, o alumnado acompañado do profesorado correspondente será entregado ás familias na porta principal (cancela de abaixo).

Os/as alumnos/as de 5º e 6º de E. Primaria poden sair sós do centro. Para iso deberán traer asinada unha autorización. Este alumnado tamén pode estar autorizado a recoller irmáns pequenos.

Ningún alumno pode sair só do centro sen ditas autorizacións.

No caso de alumnado que teña que esperar a que saian os seus irmáns, será atendido polo profesorado correspondente.

Prégase puntualidade tanto nas entradas como nas saídas do colexio.

Redistribución do alumnado en 5º de Ed.Primaria

En reunión de Consello Escolar mantida o 29 de Xuño do 2022, informouse da nova redistribución do alumnado no curso de 5º de Educación Primaria.

A xustificación pedagóxica que avala os criterios de redistribución pódese consultar no apartado “Documentos do Centro” desta mesma web.

Dita redistribución do alumnado de 5º de Educación Primaria entrará en vigor neste curso académico 2022-2023.

O reagrupamento do alumnado de 3º de Educación Primaria, que supón a mobilidade do alumnado de edificio Greco ao edificio Sas, seguirá os criterios que xa estaban en vigor nos anteriores cursos.

Período de Adaptación Educación Infantil (alumnado de 3 anos)

Estimadas familias, o vindeiro luns 5 de setembro ás 16:30h no edificio de Rampa de Sas, teremos unha reunión informativa sobre o período de adaptación para o alumnado de Educación Infantil de 3 anos (alumnado matriculado no edificio de Sas e alumnado matriculado no edificio Greco).

Ao rematar, as titoras dos cursos correspondentes xuntaranse coas familias para tratar aspectos relacionados co curso.

Entrega de libros de texto para o alumnado beneficiario do fondo de libros

Estamos pendentes de que as editoriais e librerías nos faciliten todos os libros. A día de hoxe, 31 de agosto, non están completos os lotes de libros.

A nosa intención é entregalos antes de comezar as clases. Anunciaremos pola web e por Abalar, data e hora de entrega en canto teñamos confirmación das librerías.

Lembrade tamén que desde o día 1, en horario de 9h a 14h xa estará aberta a secretaría do centro para recollida de vales, entrega de documentación e outras consultas. Ou ben podedes chamar ao noso teléfono, 988783060.

Grazas pola vosa colaboración, e desexámosvos un bo comezo a todos e todas!!!!

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031