Horario Oficina en Verán 2021

O Noso Camiño

Chegou o fin do curso escolar e con el, o fin dun camiño que percorremos xuntos...

Foron meses de traballo, esforzo e dedicación, meses especiais e diferentes. Despois de tanto tempo conseguimos chegar á nosa meta, todo esforzo ten a súa recompensa.

Velaquí un vídeo que amosa un pouquiño da nosa andaina. Desexamos que sempre camiñedes sen importar as pedras que poda ter o camiño. 

Bo camiño!! 

Graduación 6º Primaria - Curtametraxe "10 euros"

Matrícula - Do 20 ao 30 de xuño de 2021

O prazo de matrícula (para alumnado xa admitido) é do 20 ao 30 de xuño de 2021 (ambos inclusive).

Podes descargar os impresos de matrícula aquí. 

Fondo Solidario de Libros e Axudas para Material Escolar 2021-22

Ábrese o prazo desde o 21 de maio ao 22 de xuño para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros e nas Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. 

Aquí tedes un resumo da información máis importante. 

Consulta completa no DOG de 20 de maio de 2021

Pódese participar desde www.edu.xunta.gal/fondolibros

Acción Solidaria

Listaxe Definitiva Admitidos para o curso 2021-22

Anunciamos a publicación das listaxes DEFINITIVAS de admitidos no noso centro para o Curso 2021/2022.

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar no taboleiro de anuncios do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono ( 988 - 78 30 60 )

Tamén é posible na propia aplicación da Consellería:

Admisión Alumnado

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude. 

 

HOMENAXE A XELA ARIAS "DARÍO A DIARIO"

 

Xa temos o vídeo que recolle o Proxecto Homenaxe a  Xela Arias coas familias de Infantil!

 

É fermoso, emocionante e un recurso educativo de gran valor.

 

O recitado dura uns 10 minutos máis ou menos, pero o vídeo dura algo máis... non podiamos

deixar pasar todos os agarimos espontáneos, bicos, apertas, miradas e sorrisos cómplices que

acompañaban os vídeos froito do recitado, así que lles puxemos a música incrible de A banda

da Loba e fixemos un  videoclip que vén a continuación.

 

Mil grazas a todas e todos os que o fixestes posible!

 

E mil grazas tamén á Banda da Loba pola súa colaboración!

 

(Lembrade que se vedes o vídeo no computador podedes cambiar a resolución ao abrilo nos axustes de drive e terá maior calidade)

 

Día do Libro

O 23 de abril celebramos o "Día do libro".

Este vídeo que vos presentamos amosa algunhas actividades realizadas durante a semana.

Desexamos que disfrutedes deste día e que a lectura vos acompañe os 365 días do ano.

 

Listaxes Provisionais de Admitidos para o Curso 2021/2022

 

Anunciamos a publicación das listaxes PROVISIONAIS de admitidos no noso centro para o Curso 2021/2022.

Debido á Lei Orgánica de Protección de Datos as listaxes so se poden consultar no taboleiro de anuncios do Centro, ou ben chamando ao noso teléfono ( 988 - 78 30 60 )

Tamén é posible na propia aplicación da Consellería:

https://edu.xunta.es/admisionalumnado/

Se as familias dispoñen de Certificado Dixital, DNI electrónico ou Chave365 poden acceder a todos os datos da súa solicitude. 

A listaxe DEFINITIVA sairá publicada o 14 de maio. 

 

Distribuir contido
Iniciar sesión: Acceso

Profesorado

Pais/Nais

  

Álbum de Fotos

Calendario Escolar

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blog de Ed.Física

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930