Este venres, 12 de novembro, saíu publicada no DOG a Orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras nos colexios. No ficheiro adxunto poden consultala.
Serán beneficiarias aquelas familias que recibiron a axuda para adquirir material escolar e NON terán que presentar a solicitude.
Poderán presentar a solicitude aquelas familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6000 euros, ou suxeitos a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teña una discapacidade igual ou superior ao 65%; que non solicitaran por diferentes circunstancias a axuda para a adquisición de material escolar.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 26 de novembro e deberán entregarse no centro educativo. Poden atopar a solicitude no anexo da orde ou no centro educativo.