Libros de Texto (curso 2021/2022)

 

(Ticar na imaxe no curso correspondente)

 

 

 

PERIÓDICO 2021

Vsiita de Lourdes Santos

O pasado venres 11 de xuño, o alumnado da etapa de infantil recibiu unha visita marabillosa: a soprano Lourdes Santos, a cal nos fixo unha aproximación ao mundo da ópera. Todos quedamos abraiados co seu talento, por se non tiveches a sorte de velo, aquí tes un pequeno resumo:

Queremos galego!

Os profes de Educación Física, Suso e Cristina, artellaron este magnífico baile para conmemorar o Día das Letras Galegas. Estades preparados para velo?

 

MENÚS MES DE XUÑO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE XUÑO ASÍ COMO A FICHA DE RESERVA DE PLAZA E INFORMACIÓN.

Esta ficha, xa está dispoñible desde o xoves, 27 de maio, tanto na páxina web do Concello (www.concellodelugo.gal) como físicamente no propio comedor.  A propia ficha leva pola parte de atrás toda a información do proceso. Igualmente a propia encargada do comedor pode facilitarlle máis información, ou resolver as dúbidas que teñan. O prazo para presentala é ata o día 22 se o realiza presencial no propio centro ou ata o 30 se o fai telemáticamente, a través do rexistro electrónico do Concello. Este mesmo prazo se o fai a través de calquera outro rexistro xeral de maneira presencial (Xunta, Goberno Civil, Correos..., pero debe ir dirixido ao Concello de Lugo, en caso de optar por esta última forma).

A ficha de reserva de praza, non implica a inscrición no servizo, que terá que facerse posteriormente, antes de empezar o curso. Na propia ficha pódense incluír ata dous irmáns na mesma ficha. Se houbese máis irmáns, deberán utilizar 2 fichas, cubrindo soamente a parte do 3º e ou 4º irmán, sen necesidade de cubrir a dos pais (As fichas deberían ir grampadas nese caso. Igualmente deberán entregar xunto coa ficha, o certificado de empresa de traballo dos pais e/ou a declaración xurada de familia monoparental. (Ambas de maneira optativa, e só terá efecto en caso de ter que baremar as prazas dispoñibles. 

FONDO LIBROS

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

FONDO LIBROS

Día da Danza

O pasado xoves 29 de abril, celebrouse o Día da Danza polo que todos os cativos e cativas do colexio fixeron unha danza moi especial! Sabedes que este día se celebra dende o ano 1982?? E serve para homenaxear á danza como unha disciplina de arte universal e diversa.

PINFUVOTE

Coñecedes xa o PINFUVOTE? Trátase dun deporte alternativo que consiste na fusión de pin pong, fútbol, voleibol e tenis. Os nenos e nenas de quinto e sexto están a practicalo estes días, e o seu creador Juan Lorenzo Roca manda un saúdo a toda a comunidade educativa e danos uns trucos para xogalo mellor. A que esperades??

Se queredes máis información podedes facer click AQUÍ para acceder a súa páxina web.

MENÚS MES DE MAIO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE MAIO

Distribuir contido