Menús mes de setembro

 NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE SETEMBRO 

Inicio curso escolar 2022-2023

COMEDOR ESCOLAR 2022-2023

Recollemos información sobre o comedor escolar  para o presente curso 22-23 xa que  hai algúns cambios

LISTAXE DEFINITIVA ADMITIDOS LIBROS DE TEXTO 2022-23

Xa está publicada no tablón de anuncios do centro a listaxe definitiva dos libros de texto 22-23, onde se pode ver os libros que corresponden a cada alumno. Este listado tamén se poderá ver na aplicación Fondolibros da Xunta de Galicia.

Os libros entregaranse en Setembro.

Tódolas familias poden pasar a recoller os vales de libros para 1º e 2º e os vales de material.

Os vales de material non se deberán gastar ata setembro cando o profesor mande o material.

Os vales de libros de 1º e 2º xa se poden recoller para ir encargando os libros. As familias que non os recollan esta semana, ata o venres 8 de xullo, deberán recollelos en setembro a partires do día 1.

Bo verán a todos¡¡¡¡¡

XORNAL CURSO 2021--2022

LIBROS DE TEXTO - 2022-2023

Este é o listado de libros do Ceip das Mercedes para o vindeiro curso 2022-2023

AXUDAS PARA EDUCACIÓN INFANTIL 2022-2023

Adxuntamos a publicación do concello de Lugo para solicitar axudas de  educación infantil para o curso 2022-2023 destinado a  familias de escasos recursos. No archivo adxunto vai tamén o impreso de solicitude. 

O prazo será do 1 ao 21 de xuño.

MENÚS MES DE XUÑO

NOS ADXUNTOS PÓDENSE CONSULTAR OS MENÚS DO MES DE XUÑO

GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO 2022-2023

 

GRATUIDADE  LIBROS  DE  TEXTO  -   2022 – 2023

 

1- Deberase cubrila solicitude   anexo I e II, que se recollerá en conserxería, ou tamén por medios telemáticos por internet na aplicación “ Fondolibros” da Xunta.

2- O prazo será ata o  22 de xuño. A renda percápita máxima será de 10000€.

3- Xunto coa solicitude, anexo I e II,  haberá que entregar a  seguinte documentación:

        

Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar.

        

No caso de discapacidade certificado do grao de minusvalidez

        

Se é o caso,sentenza xudicial de separación ou divorcio coa atribución da custodia

4- Para disfrutar das axudas será obrigatorio ter devoltos os libros recibidos do centro o curso anterior 2021-22.

5- Cada familia só realizará una solicitude na que incluirá tódolos fillos do centro.

 

 

EXCURSIÓN 4º PRIMARIA

Distribuir contido