EXCURSIÓN FIN DE CURSO 1º CICLO DE E.PRIMARIA

Os alumnos e as alumnas de 1º ciclo fomos de excursión a AVIFAUNA. Pasámolo moi ben, podédelo comprobar vendo a seguinte montaxe de fotos que preparamos.

XOGOS DE FIN DE CURSO

O día 20 de xuño celebramos no cole o día da Educación Física e da Paz. Divididos en grupos, todos os alumn@s do cole, pasaron por unha morea de xogos que estaban distribuídos polo patio. Ao final os profes xogamos un partido de baloncesto c@s alumn@s de 5º e de 6º.

 

LISTA DE LIBROS PARA O CURSO 2011-12

Aquí tedes, neste adxunto, a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2011-12.

CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2011-12

A Consellería de Educación e Orientación Universitaria vén de publicar o calendario escolar para o vindeiro curso 2011-2012.

 Os aspectos máis destacados da Orde son os seguintes:

         O curso comezará para Educación Infantil e Primaria o 12 de Setembro de 2011 e rematará o 22 de xuño do 2012 

        As vacacións de Nadal estenderánse entre o 22 de decembro de 2011 e o 8 de xaneiro de 2012, ámbolos dous inclusive.

        As vacacións de Semana Santa irán do 2 ó 9 de abril de 2012, ámbalas dúas datas inclusive.

        En Antroido non serán lectivos os días 20, 21 e 22 de febreiro.

Quen queira máis información pode consultar o texto integro da Orde de 24 de maio de 2011 da Consellería que regula o calendario escolar premendo neste ADXUNTO.

A EIRUGA LARPEIRA

Aquí temos o conto da Eiruga Larpeira que fixeron os nen@s de infantil.

PIRAGÜISMO

Matrícula para o curso 2011-12

   

 

OQO

O vindeiro 26 de abril, a editorial OQO dentro do seu espectáculo literario e audiovisual "Caracois" estivo no CEIP As Mercedes para facer partícipe ao alumnado de infantil durante toda a mañá. "Caracois" está dentro do programa de animación á lectura infantil ContoQontigo. Os nenos/as disfrutaron con dito espectáculo.

DUATLÓN 6º DE PRIMARIA

DUATLÓN 5º DE PRIMARIA

Distribuir contido