DUATLÓN

O ENTROIDO NO PROGRESO

Matrícula para o curso 2011-12

XOGOS NO ENTROIDO

O NOSO ENTROIDO

EN PRIMARIA....

EN INFANTIL..... O ENTROIDO!!!!

O ENTROIDO

CELEBRÁMOLO DÍA DA PAZ

 

O venres día 28 de xaneiro celebrouse no CEIP As Mercedes o Día da Non Violencia Escolar e da Paz.

Para iso, durante toda a semana realizáronse diversos traballos nos que participaron todo a alumnado.

Na entrada do colexio había un cartel onde se recordaba cunha fotografía a “Mahatma” Ghandi  e se explicaba a importancia desta persoa  no camiño hacia outro mundo posible. O 30 de Xaneiro  (data do asasinato de Gandhi) foi elexida polas Nacións Unidas como Día Mundial para conmemorar o Día da Paz.

O venres expuséronse no ximnasio os traballos realizados:

Un Arco da Paza onde cada cor estaba pintado coa palma da man de cada un dos nenos/as de cada curso.

Constructores da Paz. En cada corredor das clases púxose un mural onde cada neno/a debía representar cun debuxo, cunha palabra, cunha frase, cunha poesía,…. o significado que tiña para cada un deles a Paz.

Tivemos varias representacións musicais e rematamos o acto cun número de maxia no que cada curso entregaba ao mago unha palabra que impedía a paz, o mago queimounas todas e de súpeto… apareceu unha pomba.

Ademais destas fotos, pinchade neste enlace se queredes ver os videos do día da celebración.

 

 

Charla: CONVIVIR COA TELEVISIÓN

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos, en colaboración co Departamento de Orientación, está a organizar unha serie de actividades tipo charla-coloquio sobre temas de actualidade, relacionados coa educación  e dirixidas a toda a comunidade educativa. A primeira destas charlas trata sobre o tema Convivir coa Televisión e contaremos con J.Antonio Pinto Antón como poñente. 

Distribuir contido