NATUREZA, CREATIVIDADE, DIVERSIÓN E FROITA

Para inculcar nos/as máis cativos/as valores como a ecoloxía e o respecto pola natureza e todos os seus seres, é indubidable que se precisa da actuación das familias. Por iso na aula de 4 anos do noso cole propuxémoslles aos pais e as nais que elaborasen cos/as pequenos/as "debuxos" con froita na merenda e logo lle mandases fotos á titora. Todos e todas escolleron o tema da primavera, a natureza ou os animais para as súas "obras". A participación foi estupenda e os resultados inmellorables.
Ollade que creacións tan orixinais!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Logo cada neno/a cunha foto de cadansúa obra contoulles ao resto da clase como a fixeron, con que froitas, con quen a comeron, se lles gustou, etc.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 
 

Powered by Drupal - Design by artinet