Deportivas, Atletismo, Deporte Escolar, Xogos de Primavera

Charla sobre baloncesto

      

Este mércores quixemos darlle unha sorpresa a Mari Fuentes e a Moreira pola súa visita ao cole, así que elaboramos un pequeno vídeo con algúns debuxos feitos polo alumnado. Preme aquí e aquí para saber máis sobre a súa charla

Premede aquí se queredes ver algunhas das palabras que o noso adestrador nos adicou...non podemos estar máis orgullosos del!

Graciñas Moreira por facernos desfrutar tanto do baloncesto!

 

 

O deporte escolar

Esforzo, sacrificio, superación, compañeirismo... son algúns dos valores que nos acompañaron ao longo dos partidos xogados durante este trimestre, pero sen lugar a dúbida o máis importante foi o feito de participar pasalo ben e coñecer, gracias ao deporte, novos amigos.

Dende a área de Educación Física, parabéns aos equipos do Ceip de Arzúa e do Cpi de Touro pola súa deportividade tanto dentro como fóra do campo.

OS NOSOS DEPORTISTAS!!

 Parabéns!!

 A todos e todas os/as deportistas do Ceip de Arzúa pola vosa brillante e numerosa partipación na carreira pedestre de Touro.

Se queredes ver as fotos pinchade aquí.

VIAXE ATA A IDADE MEDIA

Este ano nos XII Xogos de Primavera viaxamos ata o medievo escollendo para os nosos equipos de brilé, minibasket e fúbol sa, nomes relacionados coa Idade Media.

Se queres ver o calendario dos partidos achégate ao castelo de Educación Física e busca ao teu equipo...

XII XOGOS DE PRIMAVERA NO CEIP. DE ARZÚA

   Xa están aquí os XII XOGOS DE PRIMAVERA nos que participaremos con equipos das distintas clases en fútbol, minibasket e brilé e tamén de xeito individual en xadrez. Ánimo e a participar todos e todas como xogadores e xogadoras,  árbitros e espectadores!.

Vídeos do partido de minibasket

Se coas fotos non imaxinades a emoción do partido de minibasket...aquí tedes aos equipos en movemento.

PODEDES OLLAR OS SEIS VIDEOS, UN TRAS OUTRO, CLICANDO CO RATO SOBRE O BOTÓN DE DESPRAZAMENTO:

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Partido Minibasket: equipo alevín Vs profes

Hoxe, xogamos no colexio un partido de minibasket entre o equipo alevín e os profes. O marcador quedou así:

     EQUIPO ALEVÍN                PROFES
                  31
                     30

Foi un encontro moi divertido e do máis reñido pois ámbolos dous equipos tiñan xogadores e xogadoras do mellor! Do mellor foron tamén a arbitro, o encargado dos marcadores e as afeccións que estiveron animando e enviando boas enerxías durante todo o partido.

Como non pode ser doutro xeito os profes queremos dar dende aquí a nosa máis sincera noraboa ao equipo alevín, sodes os xustos vencedores polo voso bo xogo, pola vosa ilusión e polo compañerismo que nos demostrastedes...seguide así campións! 

Se pinchades nestes enlaces poderedes ver un pouco máis do partido: FOTOS        

O DEPORTE ESCOLAR: MINIBASKET, FÚTBOL SALA E XADREZ

Logo competición

Un ano máis participamos na campaña de Promoción do Deporte en Idade Escolar nas modalidades de minibasket, fútbol sala e xadrez dentro das categorías benxamín e alevín co fin de fomentala relación entre os nosos alumnos e os do CPI de Touro.
Nestas xornadas deportivas, que comezaron o 13 de Febreiro, os nosos equipos estrearon unha nova equipaxe, os de fútbol petos azuis e os de minibasket petos vermellos.
Dende a área de Educación Física, noraboa a tódolos/as xogadores/as pola vosa participación e deportividade así como polo traballo, o esforzo e o sacrificio do tempo dos vosos recreos para o adestramento.

Se queredes ver as fotos dos encontros celebrados tanto no CPI de Touro como no CEIP de Arzúa, pinchade aquí.

 

COMPETICIÓNS DE ATLETISMO NAS QUE PARTICIPAMOS


Amosamos aos atletas do CEIP de Arzúa nas fases comarcais, intercomarcais e no campionato provincial de "Campo a Través" durante o presente curso. A nosa participacion foi numerosa (69) alumnos e nos clasificamos para a fase provincial celeberada en Santiago de Compostela. Grazas a todas e todas pola vosa participación. Premendo aquí, podedes ollar as fotografías das competicións que iremos ampliando segundo as demandas das mesmas.
 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet