Partido Minibasket: equipo alevín Vs profes

Hoxe, xogamos no colexio un partido de minibasket entre o equipo alevín e os profes. O marcador quedou así:

     EQUIPO ALEVÍN                PROFES
                  31
                     30

Foi un encontro moi divertido e do máis reñido pois ámbolos dous equipos tiñan xogadores e xogadoras do mellor! Do mellor foron tamén a arbitro, o encargado dos marcadores e as afeccións que estiveron animando e enviando boas enerxías durante todo o partido.

Como non pode ser doutro xeito os profes queremos dar dende aquí a nosa máis sincera noraboa ao equipo alevín, sodes os xustos vencedores polo voso bo xogo, pola vosa ilusión e polo compañerismo que nos demostrastedes...seguide así campións! 

Se pinchades nestes enlaces poderedes ver un pouco máis do partido: FOTOS        

Powered by Drupal - Design by artinet