ÚLTIMO RETOOOO.... GOALBALL!!

Esta semana para rematar as nosas Miniolimpíadas tócanos participar na modalidade de GOALBALL!!

Peroooo... que é o GOALBALL?? É un deporte paraolímpico no que participan persoas con diversidade funcional sensorial derivada da cegueira. Baséase no sentido auditivo para interceptar ou lanzar a pelota que leva cascabeis no seu interior. O seu obxectivo é lanzar o balón coa man e introducilo na portería do equipo contrario.

Antes de finalizar estas competicións, Marela quere agradecer todo o voso ESFORZO,DEPORTIVIDADE e o voso ESPÍRITU DE SUPERACIÓN. Está moi contenta pola participación e o traballo en equipo que fixéstedes todos e todas os/as deportistas do Ceip de Arzúa cada vez que enviábades o voso reto superado, loitando así todos xuntos e xuntas pero dende a distancia, polo voso equipo. NORABOAAAA!!!

Precisamos facer unha portería de 6 metros, e un anteface para vendar os ollos. Marela xa está preparada co seu anteface e vós??

PREPARADOS E PREPARADAS, LISTOS E LISTAS ..... A XOGAR!!!

 

Lembrade: unha vez superado o reto debédelo enviar ao correo maritaefisica@gmail.com. 

Powered by Drupal - Design by artinet