LETRAS GALEGAS_2021_5ºA

Durante o mes de maio fixemos varias actividades relacionadas coas Letras Galegas. 

Por un lado, preparamos a nosa caricatura cunha parte da biografía de Xela Arias para incorporar ao mural colectivo, que se colocou na entrada do colexio. 

Nun taller de escritura organizado na clase de Lingua Galega, fixo cada alumno e cada alumna o seu propio poema, inspirándose nas cousas que nos chaman a atención das nosas familias. E, despois de escoitar varios poemas do libro "Darío a diario" de Xela Arias, volcaron os seus sentimentos nun folio, onde pegaron a foto familiar. Deixamos aquí estes poemas tan fermosos!

  PREME AQUÍ

Esta actividade foi compartida tamén polo alumnado de 6ºA e, entre as dúas titorías, montáronse dous murais nos que se colocaron os traballos realizados. 

   

 

Tamén practicamos a comprensión lectora e o resumo a partir dunha obra inédita de Xela Arias que se titula "Non te amola!"; un libro que supón a primeira achega á narrativa desta escritora. Estes son algúns dos traballos realizados a partir dos contos deste libro. 

    

Por último, achegámonos á vida e obra de Xela Arias a través dos recursos interactivos subidos á plataforma educativa E-Dixgal. 

Powered by Drupal - Design by artinet