SAÍDA Á CAPELA DA MADANELA PARA VER KINETIKO, EXPOSICIÓN DE AUTÓMATAS

Hoxe, con motivo do Día Internacional do Libro, o alumnado de 5º e 6º E. Primaria participou nunha actividade organizada polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa. 

A exposición Kinetiko está na Capela da Madanela. Ten nove pezas automatizadas, entre as que podemos atopar autómatas musicais que a partires de mecanismos crean sons e ritmos,  monicreques con efectos especiais, un teatriño de guiñol automatizado homenaxeando ao tradicional títere de cachiporra...

O xogueteiro Manu Taboada e o titiriteiro Ero Vázquez Cabrera, baixo o nome de Xirapaus, mostráronnos e explicáronnos a historia e mecanismo de cada peza conseguindo atrapar a atención das nenas e nenos en todo momento.

Grazas ao Concello de Arzúa por contar con nós!

    

      

    

  

 

Powered by Drupal - Design by artinet