TBH, TEDDY BEAR HOSPITAL en 1º EP e 6º de EI

Tivemos a gran sorte de ter no noso centro unha actividade levada a cabo por MEIGA USC, un equipo de 20 estudantes de mediciña  e outras especialidades relacionadas coa saúde, tanto físico como mental, e dúas supervisoras que a organizaron en sete obradoiros:

OBRADOIRO DE CONSULTA:

- Historia clínica

OBRADOIRO DE CIRURXÍA:

- Raios X: Son varios de cada un porque dependerá da "patoloxía" que teña cada peluche: 5 osos, 5 ositos de peluche, 5 rabos, 7 brazos, 7 patas, 7 tórax, 5 abdome.

OBRADOIRO DE HÁBITOS DE VIDA E EMOCIÓNS SAUDABLES

- Canción: Emocións

OBRADOIRO DE NUTRICIÓN:

- Receita

- Pirámide alimentaria

OBRADOIRO DE ANATOMÍA:

- Canción SUSANITA TEN UNS PULMÓNS:

- Esta canción que está subida a YouTube para que tanto eles como os seus pais, como os profesores, a poidan ver e escoitar cantas veces queiran.

OBRADOIRO DE PRIMEIROS AUXILIOS

- Documento OBRADOIRO DE CANCIÓN PPAA

XOGO GLOBULOS VERMELLOS

-Entrega dun Diploma  

CARTILLA DE SELLOS PARA NENOS/AS:

- Documento no que se dá fé dos obradoiros polos que pasaron.

Foi unha experiencia inesquecible, por unha mañá sentímonos doutores e doutoras achegándonos ao seu día a día, as súas boas prácticas, ensináronnos como actuar en casos de urxencia, como funciona un raios X, a vestimenta  dun quirófano, como facer unha cura, unha vendaxe... e ao mellor déronnos unha pista para saber que quero ser de maior.

Poderiamos estar contando durante horas todo o que fixemos partindo dunha perfecta organización da actividade: grazas a todo o equipo médico por ensinarnos dunha maneira tan interactiva e con tanta tenrura e dozura.

GRAZAS TEDDY BEAR HOSPITAL!

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet