Curso 2022/23

A través desta Modalidade preténdese converter o centro educativo no lugar de promoción da saúde, apoiándonos no Plan Proxecta+, que nos permite desenvolver actividades destinadas a toda a comunidade educativa desde unha perspectiva integradora e globalizada, para facer fronte á sobrealimentación e ao sedentarismo (factores que inflúen no peso corporal das persoas, provocando obesidade, que hoxe en día está a constituir un problema de saúde).

OBXECTIVOS

  • Inculcar hábitos alimenticios saudables.
  • Crear sentido crítico ante a publicidade sobre a alimentación.
  • Desenvolver hábitos de hixiene persoal relacionados coa alimentación e co exercicio físico.
  • Incentivar no alumnado as gañas de probar novos alimentos.
  • Fomentar a adquisición dunha alimentación sá e equilibrada que xunto coa actividade física brinde benestar.
  • Promover un estilo de vida activo, dentro e fóra da escola, ofrecendo novas posibilidades que permitan un ocio saudable.
  • Desenvolver os coñecementos básicos que permitan ao alumnado a confección de dietas equilibradas para previr enfermidades.
  • Promover e apoiar a participación das familias na creación e mantemento de hábitos saudables.
  • Promover a adquisición de coñecementos para que permitan ao alumnado analizar as vantaxes que conleva ter unha alimentación sá.
  • Dotar ao alumnado dos coñecementos axeitados para confeccionar unha dieta equilibrada.
  • Evitar o consumo excesivo de golosinas. 

Blogue Aliméntate ben!

 

Powered by Drupal - Design by artinet