OBRADOIRO SAÚDE: ECOXESTOS NO DÍA A DÍA

O día 31 de maio, o alumnado de 5 anos, 1º A, 2º A e 2º B participou nun obradoiro de saúde: "Ecoxestos no día a día, como levar unha vida saudable e sostible".

Neste obradoiro reflexionouse acerca das nosas rutinas diarias e buscouse que xestos se poderían mudar nelas para que estas foran máis sostibles. Entre os exemplos que se lles ocorreron aos nenos e nenas, podemos destacar: comer máis verduras, levar a merenda nun taper "sen film" ou abrir a persiana ao erguerse en vez de acender a luz.

Todos estes hábitos teñen unha repercusión positiva, tanto na súa saúde coma no medio.

Finalmente elexiron un "Ecoxesto" de entre todos os que se lles ocorreron, para incorporar no seu día a día desde esta data.

 

A continuación, levouse a cabo un destes novos ecoxestos. Este foi crear o noso propio perfume e a nosa propia pasta de dentes "Zero waste", sen plásticos e 100% biodegradable.

 

As nenas e nenos poideron levar para o seu fogar os seus perfumes e a súa pasta de dentes.

Powered by Drupal - Design by artinet