Entroido dende a Biblioteca Escolar
A micoloxía no cole
Coa chegada do outono comezaron a aparecer os primeiros fungos do contorno. Despois de facer varias saídas...o alumnado fixo unha recolleita das distintas especies . Mira que bonito!
A nosa visita ao Parlamento Galego
Os nenos do 2º ciclo disfrutaron ,¡xa veredes!, da visita ao Parlamento un día pola mañá do primeiro trimestre.
CHEGOU O ENTROIDO!
En tempos de entroido veu visitarnos esta fermosa dama da época medieval. Está a facernos pasar un bo entroido, pois cada día convídanos a traer un adorno, estas son as consignas que nos deu:
LUNS: turbante, MARTES: colar, MÉRCORES: pluma, XOVES: cinturón, VENRES: todo.
MENÚS SAUDABLES
Arzúa (A Coruña), 12 de febreiro de 2009
Os comensais do Comedor Escolar do CEIP de Arzúa participarán tamén este ano na campaña de promoción do consumo de produtos do mar, “Uhmm..... peixe!!”
A titular de Pesca, Carmen Gallego Calvar, xunto coas responsables de Educación, Laura Sánchez Piñón, e de Sanidade, María José Rubio Vidal, presentou no CEIP de Arzúa (A Coruña) as actuacións que está previsto desenvolver no marco desta iniciativa ao longo do ano 2009, en concreto entre os meses de febreiro a maio e de outubro a novembro. Ademais participaron xunto cos escolares deste centro, no xantar a base de peixe que se lles ofrece no marco desta iniciativa. ver máis >> Os parabéns para a encargada << Menús saudables
CIENCIA: a árbore xeada
Na aula de 5 anos convertémonos en pequenos científicos para crear unha ÁRBORE XEADA!
Para iso precisamos:
-base de plástico -lupa -árbore de cartón (con tinte verde nas puntas) -solución máxica(alumino potasio sulfato)
Cando xa tiñamos todo listo, colocamos a árbore na base de plástico e a profe Rocío botoulle a solución máxica con moito coidado. Tivemos que agardar un pouquiño, e puidemos ver como a nosa árbore medraba e medraba e as súas pólas convertíanse en pequeniños cristais que miramos ca lupa para velos mellor.
Canto máis tempo pasaba máis medraba a nosa árbore!!
Deixamos unhas fotos para que vexades o cambio.
Aprender coas TIC
Os máis pequenos de infantil encántanos aprender co ordenador, por iso nesta páxina a profe nos vai poñer os enlaces dalgunhas páxinas para que poidamos aprender e xogar .
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 130
- 131
- 132
- 133
- 134
- 135
- 136
- 137
- 138
- seguinte ›
- última »