CATA DO QUEIXO 2017

Co motivo da 42 Festa do Queixo, o consello Regulador da denominación de Orixe Arzúa Ulloa ofreceunos unha cata de queixo para os nenos e nenas de 6º, como xa é tradición no CEIP DE ARZÚA...

Queixeamos a gusto con Óscar que nos explicou todo o referente ao queixo dunha maneira amena e entretida !!!!

 

8 de Marzo

Este 8 de Marzo as nenas e os nenos da aula de 4 anos conmemoraron o Día Internacional da Muller Traballadora con estes broches e este cartel tan chulos:

 

 

O BONECO DE NEVE

É posible cun boneco de neve poida namorarse dunha estufa?

Pois.... por suposto que SÍ. Falando de AMOR non hai nada IMPOSIBLE.

Dentro do P.E.L.O, o alumnado de E.I coñeceu a un BONECO DE NEVE moi especial, que non sabía o que era o AMOR. E cando menos o esperaba, este bonequiño namorouse a primeira vista da estufa do salón, cada vez ca veía sentía un escalofrío.

Con esta historia todos aprendimos moitisimas cousas sobre o inverno... e claro, como non, xogando co boneco de neve pasámolo xenial!! 

XORNADA GASTRONÓMICA DE ENTROIDO NO COMEDOR

O 24 de febreiro tivemos o xantar de entroido no comedor escolar: cocido, filloas e orellas. Que rico estaba todo!!!

Tamén contamos cun servizo extra de colaborado e colaboradoras ataviados para o momento. Que sorpresa máis agradable!!!

 

 

 

Darlle as grazas ao personal de cociñas, ás nais e pai colaboradores de comedor, mestres e mestras colaboradores por facer isto posible.

 

 

 

 

EXCURSIÓN Á CORUÑA O 20 DE FEBREIRO

O día 20 de febreiro o alumnado de terceiro e cuarto de EP fomos de excursión á cidade da Coruña, onde realizamos diversas visitas.
Primeiro fomos á Casa das Ciencias, onde experimentamos coa forza, a inercia dos péndulos, os efectos visuais...
Nesta mesmo lugar asistimos a unha sesión no Planetario para ver galaxias, planetas, estrelas e constelacións, satélites e moitas cousas máis.

 Se queres ver máis fotos preme na imaxe 

Por último, visitamos a Casa do Home, onde aprendemos un montón de cousas sobre o ser humano e a súa vida.

Foi un día xenial!!!

 

 

ENTROIDO 2017

Xa chegou o Entroido!!!!!

O panel da entrada foi feito polos nenos e nenas de 5º A, con refráns e coplas do Entroido.

O tema, como sempre, foi marcado polos equipos de Biblioteca e Normalización, que cun traballo moi coordinado con Actividades extarescolares e toda a Comunidade Educativa deste centro conseguiu tan bos resultados.

FRASES DO NOSO ENTROIDO

Cada grupo elixiu unha frase, que colocou nunha cartolina decorada polos nosos nenos e nenas, e elaborouse un disfrace relacionado con esta temática. Quedou fantástico!!!!

 



DíA DE ROSALÍA DE CASTRO 2017

Con motivo da conmemoración da data de nacemento da nosa escritora, Rosalía de Castro; no noso centro fixéronse moitas actividades na semana do 20 e o 24 de febreiro:

  • Mural na entrada do colexio e móbiles con carteis de Rosalía, que conteñen poemas da escritora, elaborados por todas as titorías do centro. 
  • Recuncho na nosa Biblioteca dedicado á escritora.

                  

          

  • Decoración do salón de actos do centro.  

 

  • Máscaras de Rosalía de Castro coas que se fixo unha foto colectiva no salón de actos, a tarde do 21 de febreiro, durante o acto de homenaxe. No mesmo acto recitaron poemas todas as clases e rematouse cantando todos xuntos "Adiós ríos, adiós fontes".

 

      

 

                

           

 

  • Sumámonos á iniciativa da Asociación de escritores/as en lingua galega (AELG) e ademais de facer as máscaras de Rosalía, algúns nenos e nenas do colexio fixéronse unha foto con persoas maiores,  portando algún verso rosaliano ou poema. 

                                            

 

                             

 

                     

 

                                                     

 

  • Participamos na mañá do 23 de febreiro nun programa emitido por Radio Arzúa para recordar a figura da escritora galega.

 PREME NA IMAXE SE QUERES ESCOITAR QUE BEN FALARON

       

 

 

Foi unha semana moi rosaliana!!

 

14 de febreiro: Día do amor e amizade

Con motivo de esta fecha escribe un pequeño poema sobre ¿Qué piensas sobre mi amistad? siguiendo el modelo a modo de ejemplo:
 



Unha viaxe, unha aprendizaxe en 5º EP

Eran preto das dez cando collemos rumbo a Vigo para visitar a exposición dos SOLDADOS DE TERRACOTA.
 
Nada máis chegar alí demos un paseo polo porto de Vigo, sacamos unhas fotos e ás doce e media adentrámonos no mundo do primeiro emperador QIN. Os Guerreiros de Xian son un conxunto de máis de 8.000 figuras de guerreiros e cabalos de terracota en tamaño real, que foron enterradas xunto co autoproclamado Primeiro emperador de China da Dinastía Qin, QinShiHuang, en 210-209 a.C.

 

 
Somos noticia!!!!!!
 
Ademáis visitamos unha fermosa praza en Pontevedra, San Xosé, onde están varios dos poetas galegos máis importantes...faltaba algunha muller!!!! Que tamén as hai!!!!
 
Divertímonos na praza de Ferrerías correteando coas pombas que alí moraban!!
 
Foi divertido, interesante e vimos cos nosos propios ollos algo case irrepetible!!!
 

 

2017:O ANO DE CARLOS CASARES

Este ano é o de Carlos Casares.

Despois da lectura no nadal dun libro deste autor "A galiña azul" imos facer unha pequena homenaxe cun mural onde aparecerán collages, biografías, debuxos...sobre este autor ao que imos adicar todo o 2017 co gallo do Día das Letras Galegas.



 
O mural vai indo pouco a pouco coas aportacións dos alumnos e alumnas de quinto: biografías, collages...
 

 

 

 

 

 

 

 
 

Powered by Drupal - Design by artinet