3º e 4º nivel de Primaria

HOLOGRAMAS_SEMANA DA CIENCIA EN TERCEIRO NIVEL

Dentro da programación da SEMANA DA CIENCIA 2020 tivemos un taller de HOLOGRAFÍAS, onde creamos hologramas en 3D...

Foi unha experiencia fascinante para comezar o mes de decembro, o mes da ilusión, do Nadal e o de deixar voar a imaxinación SEMPRE aprendendo!

Pechamos as fiestras, baixamos as persianas e tentamos crear un espazo a escuras, onde a luz que entre case sexa imperceptible!!! Despois de tentalo só puidemos conseguir o máis parecido a iso nun recuncho da aula, pero conseguímolo facer!!!

Antes tiñamos que facer unha pirámide truncada de elaboración caseira seguindo as instrucións para colocala nun punto estratéxico da pantalla do móbil ou do Ipad.

A partir desta experiencia aprendemos as características da LUZ e as súas propiedades de reflexión e refracción.

Ata chegamos a falar da formación das imaxes no noso globo ocular e por que vemos as cores!!! ...

UNHA CLASE MOI INTERESANTE

 

CALENDARIO

TOCA MARIONETAS NO 3º NIVEL

TOCA MARIONETAS, unha actividade que nace dunha lectura do libro de LC, onde a partires dun texto instructivo podemos fabricar fermosas marionetas , protagonistas de contos orixinais creados polos nenos e nenas de 3º nivel.

 

ELIA

ALDARA

EFRÉN

PAULA

JORGE

 

LEO

 

IVÁN

RUTH

UXÍA

MARIÑA

ANTÍA

CARME

MANUEL

AINHOA

LUCÍA

MUSEO AO MIÚDO I

Seguimos co RETO proposto por Laura e Sara, as educadoras do Museo de Belas Artes de A Coruña.

Chegou unha nova carta certificada:

Que traerá?

Tamén recibimos un email onde nos nos adxuntan un PPT para ver o museo e poñerlle cara a Laura e a Sara, ademais dun cuestionario para contestar:


Despois de abrir o sobre que viña dirixido aos nenos e nenas de 3º nivel descubrimos o que traía dentro:

 

Dentro viñan folletos informativos do museo cos que traballamos e completamos un cuestionario sobre o mesmo:

 E por último dicirvos que cadaquén da nosa clase elaborou o seu propio tríptico do seu propio museo, introducindo modificacións para favorecer a inclusión (sistema braille...):

        

     

 

FALADOIROS- SEMANA DA CIENCIA NO 3º NIVEL

Xa empezamos coas actividades organizadas para levar a cabo na SEMANA DA CIENCIA neste mes de novembro. 

O FALADOIRO, a primeira aposta novedosa deste curso onde conversamos e aprendemos sobre ciencia a través do tempo e a importancia da matemática nas nosas vidas e na natureza que nos arrodea...Somos números? Que número nos identifica? Por que un número e non outro?

FALADOIRO 1: As matemáticas... inventámolas ou  descubrimolas? Un milenario debate sen resolver

Hai un misterio no corazón do noso Universo, un crebacabezas que, ata o de agora, ninguén puido resolver. De resolvelo, as consecuencias serían profundas.

          

O misterio é por que as regras e os patróns matemáticos parecen infiltrarse en case todo o mundo que nos rodea. De feito, hai quen describe as matemáticas como a linguaxe subxacente do Universo.

Porque as matemáticas apontoan case todo no noso mundo moderno, desde computadoras e teléfonos móbiles ata a nosa comprensión da bioloxía humana e o noso lugar no Universo.

É por iso que os grandes pensadores da historia trataron de explicar as orixes do extraordinario poder das matemáticas.

En todas as culturas do mundo, todos estamos de acordo sobre o concepto de 4, así o chames catro,  four,  quatre,  vier, ou escribas o símbolo doutra maneira.

Non importa como o chames ou cal símbolo uses para escribilo, o concepto do 4 é universal.

FALADOIRO 2: O Nautilio

 

 

 

FALADOIRO 3: Os pétalos das flores

Despois de falar e moito falar:

Ademáis fixéronse estes marabillosos traballos resumo do aprendido:

 

FALADOIRO 4: As celas do panal 


         

   

 

                                    

COMO UNHA NENA_VÍDEO COLABORATIVO EN 3º NIVEL

 

Partindo do #COMOUNHANENA queremos elaborar un vídeo para esta data, co motivo do Día Internacional en contra da violencia de xénero, un planning de traballo como tarefa familiar:

 

 

Investigamos diferentes  expresións sexistas e logramos  percatarnos de que o sexismo está e forma parte das nosas vidas en pleno século XXI. Temos un único obxectivo na nosa clase, erradicalo de maneira definitiva.

Despois de horas  e horas de traballo do equipo do 3º nivel, eu só me adiquei a darlle a forma de película que logo utilizaremos para facer un debate, a ver que sae de aqui!!!!

Pero que saibades que cando empezamos a darlle forma a esta idea, os nenos e nenas  de 3º non dubidaron , en ningún momento, de que somos iguais, que non hai diferenza entre sexos e que temos que estar xuntos e xuntas para erradicar dunha maneira definitiva o machismo.

TODOS E TODAS NA MESMA DIRECCIÓN!!!

 

Grazas ata o infinito EQUIPO!

DÍA DA INFANCIA NO 3º NIVEL DE EP

Dez son os dereitos proclamados pola ONU, pero sobre todo centraremos o noso traballo no de  NON Á DISCRIMINACIÓN, todos e todas somos IGUAIS!!!

Para iso elaboramos unha actividade como tarefa colaborativa onde as nosos familias, unha vez mais fan que os traballos brillen pola súa implicación, creatividade e entrega.

Quen mellor para loitar polos nosos dereitos que a familia e a escola en equipo?

Propouxemos un traballo interdisciplinar na aula virtual para levar a cabo a semana pasada e difundilo o luns 23 para poder desfrutalo toda a  comunidade educativa do CEIP de Arzúa.

  

 

 

ACTIVIDADES 25 DE NOVEMBRO no 3º NIVEL de EP en colaboración CO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Este curso o Departamento de Orientación propón esta serie de actividades para levar a cabo neste mes para traballar na aula o 25 de novembro, Día Internacional contra a violencia de xénero, que traballaremos á par das organizadas na nosa clase de 3º nivel, como imos publicando a web do cole:

  • Conto:

          El Monstruo, obra de Daniel Martín

             

Aproveitamos un día de sol para lelo e desfrutalo ao aire libre. Fixemos como un xogo de descubrimento ao que  chegaron a adiviñar de  quen se falaba no libro, quen era o monstruo? Souberon adiviñara a metáfora  monstruo  - pai.

 

  •  Película

   Visionado da película MULAN na sala de audiovisuais hoxe, venres 27 e completar un cuestionario despois do debate sobre a película.

 

  • Canción

  Danse dúas opcións, a primeira comparar Hawaii de Maluma vs Hawaii de Beatriz Luengo, dous videoclips que despois de velos deu moito que falar: escenas, vestimenta, mensaxe ... rematando coa pregunta ao  meu alumnado: ti que muller ou home u queres ser despois de analizar estes vídeos?

  • Coas miñas mans podo... onde cada neno e nena escribirá ou debuxará aspectos positivos de que para que nos sirven estas.
  •  

25 DE NOVEMBRO_COLABORACIÓN CO CIM E O IES

Mañá toca facer algo especial, onde unha nena da nosa clase nos representará así como un dos carteis coa palabra que nos tocou será elexido pra formar parte dunha gravación:

¿HAY ALGO MÁS ABURRIDO QUE SER UNA PRINCESA ROSA?

Non hai nada mellor que un bo libro que trate o que queremos traballar!!!

Os estereotipos hai que eliminalos, facer que desaparezan e loitar polos nosos soños, independentemente de cales sexan.

En terceiro témolo claro, moi claro!!!

 

Por iso temos un consello para todos e todas vós:

Viste a túa vida de cores, cores que che gusten, cores que che fagan soñar, cores que che fagan  máis fortes e que fagan posible acadar o que te propoñas!

E empregando unha ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos soños e aspiracións da princesa, obtivemos este fantástico resultado:

 

 

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet