Orientación, lexislación, Audición e linguaxe, Pedagoxía Terapéutica., Departamento, Novas, Recursos

RECOMENDACIÓNS PARA AFRONTAR A ESO CON ÉXITO

 

A semana pasada compartía un documento sobre o cambio de etapa que o noso alumnado de 6º está a piques de experimentar.

 

Hoxe comparto con vós unha serie de recomendacións que de seguro vos serán de utilidade para afrontar a ESO.

 

Lembrade, fai CLICK na imaxe para acceder

ao recurso.

 

 

 

 

 

ÍMONOS PARA O IES

HOXE COMPARTO PARA O ALUMNADO DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA, QUE ESTE ANO DEIXA O COLEXIO PARA PASAR AO IES UN DOCUMENTO QUE LLE AXUDARÁ A COÑECER MELLOR ESTA NOVA ETAPA QUE ESTA A PIQUES DE COMEZAR

 

 

CLICA NA IMAXE PARA ACCEDER AO RECURSO

 

 

TÉCNICAS DE ESTUDO

 

Ola a todos e todas

Hoxe propóñovos a todos e todas que nos paremos un anaco a pensar no seguinte:

 

Fai xa un tempiño que comezaches o colexio, e que a pesar de que este ano foi un chisquiño raro, dende que empezamos no cole tiveches que acostumarte a levar un hábito de estudo: realizar actividades, traballos grupais e individuais, facer exames... pero chegou o momento de pensar:

 

      Falla algo á hora de estudar?      

 

 

Cubre o seguinte cuestionario cunha serie de preguntas relacionadas co xeito que tendes de estudar, estou segura que atoparás a resposta.

 

            

 

 

USO DE MASCARILLAS NOS NENOS E NENAS

Como xa sabemos, desde o pasado 21 de maio é obrigatorio o uso de mascarillas en España en espazos públicos todas as persoas maiores de 6 anos sempre e cando non se poida garantir a distancia de seguridade de dous metros

 

 

 

O xeito de reaccionar dos nenos e das nenas ante o uso destas pode ser moi distinta, dependendo en parte da idade que teñan.

Moitos queixaranse que lles abafa, que lles da calor... unha infinidade de motivos para non facer uso destas.

Pero... como podemos axudar aos nosos fillos e fillas ao uso de mascarillas?

Aquí van algún consellos:

 

 

©    

Explicarlles de xeito claro POR QUÉ e PARA QUÉ temos que empregar as mascarillas. Pode ser moi útil explicalo empregando valores como o respecto, coidado, responsabilidade... e vinculalo cos familiares.

©    

Facer o uso de mascarillas algo divertido, podemos buscar distintos modelos ou debuxos para que lles chamen a atención.

©    

É moi importante que saiban en que momentos e lugares deben facer uso destas.

©    

O xogo é unha ferramenta moi útil de aprendizaxe, así que podemos practicar o uso destas na casa a través do mesmo.

©    

Poñer o exemplo de que somos un SUPERHÉROES ou SUPERHEROÍNAS, todos eles soen levar a cara cuberta, pois nós tamén unimos as forzas contra o coronavirus.

©    

No alumnado de máis idade pode ser útil amosarlle imaxes dalgún famoso ou famosa que lles gusten ou admiren facendo uso das mascarillas.

©    

Os máis pequenos e pequenas poden levar consigo nos paseos o seu peluche o boneco favorito cunha mascarilla feita por eles e elas.

 

  E o máis importante....somos o seu exemplo, se queremos que eles e elas o cumpran e o normalicen, nós debemos ser os primeiros en cumprilo.

 

 

A continuación comparto un material que pode axudar a explicar esta nova situación aos nosos pequenos e nosas pequenas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MÁS ALLÁ DEL BALCÓN

O aspecto emocional é un dos máis importantes a ter en conta nesta situación que estamos vivindo e que é nova para todos e todas, como xa comentei noutras ocasións.

 

Nesta ocasión comparto un caderno ilustrado elaborado por Miriam Leirós e ilustrado por Eva Prol Sanjurjo. Tenta traballar o coronavirus desde unha perspectiva emocional expoñendo para o alumnado diversas actividades que favorezan a expresión emocional destes e destas.

 

Agardo que sexa de utilidade para todos e todas vós

 

 

PARA ACCEDER AO RECURSO CLICA NA IMAXE

RETRINCOS DE CORES

 

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publica un pequeno caderno que conten unha serie de reflexións e consellos así como unha proposta de actividade.

 

Neste momento que estamos a vivir o plano emocional cobra moita importancia, é normal que tanto os pequenos e as pequenas como os adultos e adultas sintamos distintas emocións.

 

Moitos especialistas falan da importancia de identificar estar e debuxalas ou escribilas é o mellor modo de afrontalas e consideran que axuda a xestionalas.

PARA ACCEDER AO MATERIAL COMPLETO CLICA NA IMAXE DE ABAIXO

 

 

IMPORTANTE: BECAS NEAE CURSO 2019/2020

Aquelas familias de alumnado beneficiario de becas NEAE no presente curso 2019/2020:

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou unhas modificacións en relación ás mesma no presente curso 2019-2020.

NON DEIXEDES DE CONSULTAR OS CAMBIOS

CLICA NA IMAXE

 

Concretamente das becas de NEAE referidas a:

 

 


 

Recolle o seguinte:

Material para o alumnado de 1º

Ola bos días a tod@s. Hoxe entrégovos unha fichas para completar co fonema -r suave e -r forte. Lembrade que tedes que articular correctamente as palabras. Ademáis deixovos un loto do fonema -l e uns dominós dos fonemas -s e -z.

 

Material para o alumnado de 5 anos A-B

Envíovos unha fichas para completar con R suave e R forte. Lembrádevos de articular correctamente cada unha das palabras. Tamén vos envío un dominó para traballar o fonema s.

 

Material para o alumnado de 4 anos A

Hoxe envíovos estas fichas para completar con r forte ou r suave. Lémbrovos que debedes articular correctamente cada unha das palabras.

 

Powered by Drupal - Design by artinet