Nós tamén creamos!

As personaxes e o decorado

Estes días o alumnado de Educación Infantil e de primeiro ciclo de primaria estiveron empregando a súa creatividade para darlle vida ás personaxes da curtametraxe e aos lugares onde se desenvolve a historia, sen dúbida...Nós tamén creamos!!!

Aínda que lles queda algún detalliño por rematar, mirade que concentración tiñan para elaborar as personaxes:

  Tamén estiveron traballando moito na creación da escenografía, podedes ver o proceso premendo aquí.

 

 

 

Storyboard "A vaca Marela"

Rematado o storyboard veredes quen vai ser a protagonista da nosa curtametraxe...a vaca Marela!!  

A curta baséase no conto de OQO "A vaca Condesa", pero imos facer que a nosa Mascota do Plan Proxecta no cole sexa a actriz principal.

Creamos personaxes

Estes días, os nenos e as nenas participantes en Nós tamén creamos están creando as personaxes da curtametraxe...a súa creatividade non ten límites!!

Polo momento, estiveron manipulando papeis de cores e tesoiras, xa veredes que cousa tan bonita!!

Se queredes ver as curtametraxes realizadas o curso pasado, premede aquí.

Storyboard

Xa temos a nosa curta na mente, así que comezamos por crear o "storyboard" (guión gráfico) nel recollemos as secuencias, os diálogos, un boceto dos escenarios e das personaxes,...en definitiva, vai ser a base para o noso traballo.

Os nenos e as nenas de 5 anos e os de 1º de primaria debuxaron uns bocetos fantásticos,...isto promete!! 

 

 
Se queres profundizar sobre o "stroyboard" preme aquí.

Chuvia de ideas

O alumnado participante en "Nós tamén creamos" xa empezou a pensar e pensar na curtametraxe que imos elaborar...diágolos, escenarios, personaxes, música,...cantas cousas!!!

Aquí tedes aos nenos e nenas de 5 anos deixando voar a imaxinación, xa vos iremos contando o que se lles ocurriu!!

Aloumiña á vaca Condesa

O primeiro que precisamos para crear a nosa curtrametraxe é elexir un conto!!!

Estes días na aula de música de Educación Infantil, coñecimos á vaca Condesa...a nosa mascota do proxecto de paisaxe é a vaca Marela, serán amigas? Isto saberémolo máis adiante!!

 A cousa é que Condesa precisaba aloumiños porque estaba un pouco triste, así que os nenos e as nenas de infantil pensaron nestas cousas para animala...

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Como estabamos na aula de música o mellor xeito de animala era  bailando así que movémonos ao ritmo da canción "A vaca Marela". Estade atentos...en vindeiras entradas verédesnos mover o esquelete!!!

Podes escoitar a canción aquí: 

 

Comezamos!!!

Durante este curso 2013-14 imos participar no Programa "Nós tamén creamos!" dentro do Plan Proxecta. Promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innnovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora.

Trátase de crear unha curtametraxe en galego a partir dun conto. Gracias a Editorial OQO xa temos no cole un montón de contos para inspirarnos...xa anda algo polas nosas cabeciñas...xa vos iremos contando!!

Powered by Drupal - Design by artinet