Queres coñecernos?

Se queres coñecernos, chama por teléfono e concerta unha cita.

881 930 322

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR

Desde hoxe contamos no centro con un PUNTO LARANXA contra o acoso e o ciberacoso escolar. 

 

É un punto físico, ben identificado, que funciona como unha caixa de correo a través da cal o alumnado poderá comunicar ou denunciar, desde unha posición totalmente anónima, posibles situacións de acoso ou ciberacoso que sufran ou que perciban en terceiros.

 

 

 

Do mesmo xeito, pódese empregar anónimamente o punto laranxa a través de canle telemática a través da nosa páxina web. Está ubicado no curruncho inferior do lateral esquerdo da páxina oficial do centro.

Participación activa das familias

As familias desempeñan un papel fundamental para a prevención do acoso e o ciberacoso e, polo tanto, neste plan cobra unha especial relevancia a súa contribución para a prevención de conflitos e a resolución pacífica destes. De aí que se promova unha estreita colaboración entre as familias e os centros educativos habilitando liñas de comunicación coa escola para traballar de maneira conxunta.  

Que é o acoso ou ciberacoso?

A modo de recordatorio e para darlle o correcto uso a esta ferramenta, deixamos no documento adxunto o protocolo de acoso e coberacoso no que se definen estas actuacións.

Plan Dixital

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

Dispoñible, no documento adxunto, a relación de libros de texto para o curso 2023-2024

Distribuir contido