CEIP de Pazos              
Pazos - Serantes, s/n
15.405 Ferrol - A Coruña
Tfno/Fax: 981323214
ceip.pazos.ferrol@edu.xunta.es  
           

Cómo chegar 

 

 

CORRELINGUA 2012

05/03/2012 - 00:00
05/03/2012 - 13:15
Etc/GMT

CORRELINGUA 2012



CORRELINGUA 2012. Chegou o día de movernos pola NOSA LINGUA. Este ano o lema é "GALEGO, TODO O QUE BUSCAS". Celebrouse no Pazo da Cultura de Narón. Alí estabamos ás dez da mañá os nenos e nenas de 2º e 3º ciclos. 
Despois de facer un pequeno percorrido polo frente do Pazo, participamos nalgúns xogos populares como a corda, o brilé, a mariola e outro de arrastre. 
A continuación entramos. A actriz Iria Sobrado fíxonos un xogo de palabras sobre o noso idioma e cantou unha canción que acompañamos con xestos. Despois o Grupo Pirilampo interpretou varias pezas que tamén acompañamos con palmas e outros movementos. O cantante do grupo explicounos o significado de “pirilampo”. É unha palabra portuguesa que significa vagalume. Pasámolo moi ben, pero chegamos ao colexio “mortos de fame” ás 13,15 horas. 


¿Queredes ver algúns momentos de Iria Sobrado?

PROTAGONISTA: A BICICLETA

05/02/2012 - 09:00
05/02/2012 - 14:00
Etc/GMT

A través da Asociación de Ciclistas Profesionais contaremos cunha actividade de aproximación á bicicleta.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Hoxe os de segundo e terceiro ciclos aprendemos a coñecer mellor a bicicleta e a conducila con responsabilidade, grazas a Juan, que está na Asociación de Ciclistas Profesionais e sabe moito deste vehículo.
Primeiro estivemos na sala de audiovisuais. Alí explicounos as normas básicas que debemos ter en conta cando usamos a bicicleta: uso do casco, circular polo carril axeitado ou cara á dereita, repectar os sinais de tráfico, sinalizar as manobras co brazo esquerdo, etc.
Pero o que máis nos gustou foi facer a práctica no patio. Cada un, coa súa bicicleta e casco, fixemos diferentes percorridos con obstáculos... Tamén competimos cunha carreira moi especial, gaña o que menos avance.
Díxonos que no mes de Agosto vai pasar a volta ciclista a España por Ferrol e que, por este motivo, vaise organizar unha volta para nenos e nenas, na que podemos participar. Se queres máis información entra en www.lavueltajuniorcofidis.com

Pasámolo xenial.
¡ Juan, grazas e cando queiras volve!


Proceso de matrícula para o curso 2012 / 2013

Normativa que rexe o proceso de admisión de alumnado nos centros docentes:

Decreto 30/2007, do 15 de marzo de 2007 (D.O.G 16.03.07).
Orde do 17 de marzo de 2007 e anexo  (D.O.G. 19.03.07).
Corrección de erros a orde do 17 de marzo (D.O.G. 04.04.07).

Calendario do proceso de admisión de alumnos/as para o curso 2012/13:

- Prazo de presentación de solicitudes, do 1 de marzo ao 10 de abril , na Secretaría do Centro.

- Data de publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos, antes do 30 de abril no taboleiro de anuncios do Centro. 

 - Data de publicacións das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos, a partir do 10 de maio.

 - Prazo para formalización de matrícula en infantil e primaria, do 20 ao 30 de xuño.

 
 
DESCARGATE O IMPRESO PARA A INSCRIPCIÓN
 
IMPRIMINDO O ARQUIVO ADXUNTO

É necesario adxuntar unha fotocopia da folla do libro de familia na que estea inscrito o neno/a.

No taboleiro do Centro tedes toda a información relativa ao proceso de matrícula e podedes chamar para concertar unha visita e coñecernos.

Esperámosvos no CEIP de Pazos!!!

Distribuir contido