Skip to Content

Inicio de curso 2016/17. Calendario escolar

 RESUMO CALENDARIO ESCOLAR 2016/17

No 2º ciclo de educación infantil e na educación primaria, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos inclusive.A xornada lectiva empezará ás 9:45h., rematando ás 14:30h (meses de setembro e xuño).De non ter servizo de comedor, as familias deberán recoller ao alumnado ás 14:30h. Inicio servizo Comedores escolares dos centros públicos

Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 12 de setembro de 2016 ata o 23 de xuño de 2017.

Poderá facer uso do comedor o alumnado admitido por dereito preferente e o admitido provisionalmente.
O alumnado de 4º de infantil, durante o periodo de adaptación, non fará uso do comedor escolar.
O servizo de comedor durante o mes de setembro será de 14:30h a 15:30h.
As familias poderán recoller ao alumnado unha vez rematado o servizo, ás 15:30h, ou ás 16:30h.

Transporte escolar

O servizo de transporte para a saída do alumnado será ás 16:30h.
O venres de entroido, 24 de febreiro de 2017, o transporte sairá do centro ás 15:15h. Dita xornada, non haberá actividades complementarias pola tarde no centro.

Inicio de actividades lectivas

No 2º ciclo de educación infantil, na educación primaria e na educación especial, a impartición efectiva de clases realizarase do día 12 de setembro de 2016 ao 23 de xuño de 2017, ambos inclusive.

 Períodos de vacacións

1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.
2. Entroido: días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.
3. Semana Santa: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos inclusive.

 Días non lectivos

Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2016/17 se celebrará o 31 de outubro de 2016.

27 de setembro 2016: Santa Minia. Festivo local
12 de outubro: Festivo nacional
  1 de novembro: Tódolos santos: Festivo autonómico
8 de 2016 de decembro-Inmaculada: Festivo nacional
25 de 2017 maio-Ascensión: Festivo Local
1 maio: Festa do traballo
17 maio-Letras Galegas: Festivo autonómico

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS

Durante os meses de setembro e xuño non se desenvolven actividades complementarias despois das 16:30h, polo que o alumnado non poderá permanecer no centro a partir desa hora.

 http://www.edu.xunta.gal/portal/calendarioescolar

AdxuntoTamaño
20160615_calendarioescolar.pdf568.28 KB


page | by Dr. Radut