Skip to Content

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21

Apertura do prazo de solicitude para os SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR, para o curso 2020-21 dende o  22 DE XUÑO ATA O 10 DE XULLO    en horario de 9:30h a 13:30h.                           

Documentación a presentar:

TODO o alumnado, que renuncie aos servizos de comedor e/ou transporte escolar,  terá que entregar necesariamente a seguinte documentación:

  • ANEXO 0: Relación de documentación entregada.
  • ANEXO 1: Solicitude/renuncia de transporte escolar.
  • ANEXO 2:Solicitude/renuncia de comedor escolar.

Se solicita comedor escolar e non é usuario lexítimo de transporte (domicilio a menos de 2 km do colexio), ou non lle corresponde este centro por ser doutra zona educativa (outro concello, correspóndelle outra unitaria), terá que presentar a documentación que acredite incompatibilidade horaria familiar co servizo de comedor / documentación que acredite minusvalía do alumno/a / documentación que acredite ser familia numerosa / outra documentación que considere relevante.

Teñan en conta que tal e coma se recolle na instrución, "Os usuarios lexítimos de transporte escolar que non fagan uso do transporte escolar de xeito continuado perderán dita condición de usuario lexítimo, e, conseguintemente, non terán acceso preferente ao comedor escolar.

No suposto en que o comedor escolar de referencia tivera máis solicitudes que prazas autorizadas, e a condición de usuario lexítimo de transporte escolar fora determinante para obter unha praza no comedor, o alumno ou alumna que perdese a súa condición de usuario lexítimo por non facer voluntariamente un uso continuado do transporte escolar, perderá a praza obtida, que deberá ser asignada polo Consello Escolar ao seguinte na lista de espera"

Xuntamos documentación para a solicitude de servizos complementarios. Poden descargar os impresos ou recollelos en conserxería.

AdxuntoTamaño
ANEXO 0.pdf68.05 KB
ANEXO 1.pdf85.09 KB
ANEXO 2.pdf81.21 KB
ANEXO 3.pdf108.31 KB
ANEXO IV - COLABORADORES COMEDOR 2020.pdf110.94 KB
AUTODECLARACION 20.pdf92.18 KB
TABOA BUS.pdf114.45 KB
INSTRUCION TRANSPORTE 2020.pdf277.48 KB


page | by Dr. Radut