Skip to Content

LISTAXES COMEDOR CURSO ESCOLAR 2020-21

No día de onte 27 de xullo, estaba previsto publicar as listaxes definitivas de alumnado que obtería praza no comedor escolar para o vindeiro curso.

O Consello Escolar decideu, por unanimidade, e ante as dúbidas e inconcrecións das medidas propostas por parte das Consellerías de Educación e Sanidade, agardar aos primeiros días de setembro para publicar esta listaxe á espera de que a Consellería de Educación complete as medidas propostas no PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 con unhas INSTRUCIÓNS que sacará antes de que comence o curso.

 De momento, e á espera destas INSTRUCIÓNS que precisamos de xeito claro e concreto para organizar o servizo de comedor do curso que ven, coidamos que é necesario retrasar a publicación das listaxes.

Pensamos que, diante das numerosas dúbidas xeneradas, non sería lóxico expoñelas agora e en setembro, en función das instrucións e das recomendacións das autoridades sanitarias axustar o número de prazas dispoñibles para elaborar outras listaxes diferentes, cos perxuizos que este feito ocasionaría nas familias do noso centro educativo.

En todo caso o que, polo de agora temos no PROTOCOLO di:

14. Medidas xerais en relación co uso do servizo de comedor.

“14.1 O uso do comedor escolar, tanto de xestión directa como indirecta, e con independencia de quen preste o servizo, quedará limitado á capacidade suficiente para ter ao alumnado separado por 1,5 metros de distancia, ou 1 metro sempre que non estean encarados.

Coa finalidade de prestar o servizo ao maior número do alumnado poderanse establecer segundas e terceiras quendas de comida en función da capacidade horaria do transporte escolar, e do persoal dispoñible para atender aos comensais”

En base ao recollido neste punto do Protocolo o número de prazas do servizo de comedor para o vindeiro curso veríase reducido a 95 (número máximo de comensais que poderíamos sentar cunha separación de 1,5 m.).

PRESTADE ATENCIÓN A ESTA PÁXINA WEB PARA MANTERVOS INFORMADOS/AS.



page | by Dr. Radut