Skip to Content

SERVIZO DE COMEDOR CURSO ESCOLAR 2020-2021

O 1O de setembro está previsto que comece o novo curso escolar.

A día de hoxe, as dúbidas e incertidumes son moitas sobre como vai ser ese inicio. Iremos informando puntualmente.

En canto ao tema do comedor escolar aínda son moitas máis. Debido á cantidade de medidas de prevención e normas que temos que cumprir por estar recollidas no PROTOCOLO DE ADAPTACION AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIOS DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021 asĺ como noutros documentos, vai ser moi complicado prestar este servizo nas mesmas condicións que en anos pasados, xa que debemos garantir que a saúde de todas e todos esté por enriba de calquera outra cuestión.

Por estes motivos, descoñecemos neste momento de cantas prazas de comedor imos dispoñer o curso vindeiro. En función das futuras aclaracións e axustes que teñamos que facer aos protocolos que van sair en setembro, (previsiblemente o 7 de setembro sairá unha última actualización do mesmo), o número de prazas verase reducido considerablemente, oscilando entre as 190 e as 380.

Para facernos unha idea o máis real posible na situación actual, en canto ás necesidades do servizo, ábrese un prazo extraordinario de 2 días, 1 e 2 de setembro, para que as familias nos comuniquen, por CORREO ELECTRÓNICO (ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal), si CONFIRMAN ou RENUNCIAN á solicitude de praza de comedor para o curso 2020-2021.

Con posterioridade, reunirase o CONSELLO ESCOLAR, para aprobar o listado de alumnado que terá praza no comedor escolar para o próximo curso.

DIRECCIÓN



page | by Dr. Radut