Skip to Content

LISTAXE DEFINITIVO FONDO DE LIBROS PARA O CURSO 2023/24 E VALES DE MATERIAL

FONDO LIBROS:

Rematados os prazos correspondentes, publicamos a listaxe definitiva da adxudicación do fondo solidario de libros de texto convocadas na Orde do 10 de maio de 2023Esta adxudicación corresponde ao alumnado de 3º e 4º de primaria.

Poden consultalas no taboleiro interior de anuncios do centro.

Ao alumnado que aparece nas listaxes, entregaráselles ao comezo de curso os libros asignados nas súas titorías. Lembren as familias, que hai libros e cadernos de traballo que deben mercar ao non estar incluídos no fondo solidario.

VALES DE MATERIAL E LIBROS:

A partir do xoves 13 de xullo, pódese pasar a recoller os vales de material escolar e de libros concedidos no fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar (Orde do 10 de maio de 2023).

Estes vales entregaranse ás familias na secretaría do centro en horario de mañán (9:30h a 13.30 h.) ata o 21 de xullo ou a partir do 1 de setembro, presentando a copia do rexistro de solicitude.

Estas axudas serán entregadas aos  pais/nais ou no caso de delegar noutra persoa deberá traer unha autorización asinada.



page | by Dr. Radut