Enrique Sedes, enxeñeiro Informático impartiu unha interesante charla divulgativa a un reducido grupo de pais/nais, alumnado e profesorado do centro sobre como utilizar internet de forma segura e tamén sobre as últimas tendencias e usos da rede.
Iniciamos así unha serie de charlas enmarcadas dentro do Proxecto Abalar, no que participamos neste centro educativo, e que seguirá con outras nas que esperamos contar con maior afluencia de público.
Premendo na imaxe podemos acceder a presentación empregada na charla.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
NavegaConRumbo.pdf | 3.41 MB |