Skip to Content

Froitas frescas

O Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) convocou axudas para a distribución de froitas frescas ao alumnado de centros educativos de Galicia para o curso 2013/2014 dentro do Plan de Consumo de Froita nas Escolas.

O noso centro educativo solicitou a participación nesta convocatoria para todo o alumnado de infantil e primaria. Inicialmente non se nos concedeu o Plan, pero agora finalmente se aprobaron o proxecto para desenvolvelo durante 4 semanas nos meses de maio e xuño de 2014.

Temos previsto o reparto nas seguintes semanas, durante o recreo da mañá.

1ª Semana: 12 ao 16 de maio.

2ª Semana: 26 ao 30 de maio

3ª Semana: 9 ao 13 de xuño

4ª Semana: 16 ao 20 de xuño

Rogamos as familias que o teñan en conta a hora da merenda e animen aos seus fillos/as a participar no plan.



page | by Dr. Radut