Skip to Content

Comedor escolar 2013/14: Listados de espera

Informamos que o número de solicitudes de servizo de comedor para o curso escolar 2013/14 supera a oferta en 49 prazas, polo que é necesario determinar a lista de espera.

Recordamos que o alumnado pertencente a área de influenza do centro aboará o servizo segundo os seus ingresos que determinarán a autodeclaración que deberá presentar no centro, se aínda non o fixo. Esta autodeclaración determinará se o servizo de comedor é gratuíto ou deberá aboar, 1€, 2'5€ ou 4'5€ por día de servizo.

O alumnado pertencente a área de influenza das unitarias ou doutros concellos, con independencia das súas circunstancias persoais e de renda familiar, terán que abonar en concepto de prezo público, a cantidade de 4,50 € por día de servizo.

Para que o Consello Escolar do centro poida establecer correctamente a orde na lista de espera, solicitámoslle que nos entregue a seguinte documentación antes do 28 de setembro:

1. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.

2. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.

3. Alumnado fillos de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores con incompatibilidade acreditada documentalmente dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía.

Para calquera aclaración póñanse en contacto coa dirección do centro.

Moi importante:

O alumnado que figura en calquera dos listados de espera do comedor non poderá facer uso do servizo ata que llo indiquen dende a dirección do centro

AdxuntoTamaño
comedor_autodeclaracion2013.pdf89.51 KB


page | by Dr. Radut