Skip to Content

Novas

REUNIÓNS INFORMATIVAS PARA O ALUMNADO DE INFANTIL

Publícanse datas para as reunións informativas para as familias do alumnado de infantil.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia. A entrada ao centro será polo portalón de acceso dende os buses.

Agardamos a vosa asistencia.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

O vindeiro luns 6 de setembro ás 11:00h, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 4º de Infantil (3 anos).

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia. Esta reunión terá lugar en cada unha das aulas asignadas.

A entrada ao centro será polo portalón de acceso dende os buses.

Agardamos a vosa asistencia.

LISTAXES PROVISIONAIS SERVIZO COMEDOR CURSO 2021_22

O Consello Escolar reunido o 14 de xullo de 2021, acorda adxudicar provisionalmente as prazas que aparecen no listado publicado no taboleiro do centro, ou nos documentos adxuntos, e que cumpren todos os requisitos recollidos na instrucción 2/2021 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional do 1 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso 2021/22.

Estas prazas están condicionadas a:

LISTAXES PROVISIONAIS AXUDAS DE MATERIAL E FONDO DE LIBROS CURSO 2021_22

A partir de hoxe publicamos no taboleiro interior de anuncios do centro a LISTAXE PROVISIONAL correspondente ao fondo de libros (3º e 4º de primaria), e a listaxe de vales de libros e material escolar para o curso 2021/22.

As persoas que presentaron a solicitude de maneira telemática, poden consultar a resolución a través da aplicación "FONDO LIBROS" unha vez publicadas as listaxes definitivas.

ADMISION SOLICITUDES PARA COLABORADORES NO SERVIZO DE COMEDOR

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar gurante o curso 2021/2022, ATA O 8 DE SETEMBRO.

 

HORARIO SECRETARÍA: 10:00h - 13:30h

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 4º DE INFANTIL

O vindeiro venres 2 de xullo ás 11:00h, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 4º de Infantil (3 anos).

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia.

Agardamos a vosa asistencia.

MATRÍCULA ALUMNADO CURSO 2021-22

Ábrese o prazo para a matrícula do NOVO ALUMNADO que  foi admitido no noso centro para o curso 2021/2022 dende o  20 de XUÑO ata o 30 de XUÑO.  O horario de secretaría é  10:00h a 13:30 h. de Luns a Venres. Xuntamos documentación para a matrícula.

 

ELECCIÓNS XUNTA DIRECTIVA ANPA

Prezadas Familias.

A Xunta Directiva acordou a semana pasada proceder coa renovación de cargos a través dun proceso de elección, tal e como se celebrou a última vez. A Xunta Directiva actual, estaba en funcións dende outubro de 2020, data na que tocaba renovar os cargos, tal e como se recolle nos estatutos. Pola excepcionalidade da situación tomouse a decisión de retrasar este proceso ata ter a certeza de poder celebralo con seguridade. A mellor situación que temos neste intre, xunto con que consideramos que o vindeiro curso debe comezar cunha nova Dirección eleita e plenamente lexitimada queremos facer un chamamento a que vos presentedes para poder ser eleitos ou eleitas como membros da Xunta Directiva. A continuación poderedes ler o regulamento, e documento anexo.

DÍAS NON LECTIVOS

Lembramos a toda a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe de Pedrouzos, que a Xefatura Territorial da Coruña autorizounos o venres 14 de maio como día NON LECTIVO.

 

Polo tanto, comunicamos que o colexio permanecerá pechado o xoves 13 de maio (Festivo local – Ascensión), o venres 14 de maio (Non Lectivo a petición do Centro) e o

Distribuir contido


by Dr. Radut