Skip to Content

Organización

Máis sobre a biblioteca

Se queres saber como funciona a biblioteca mira esta presentación

Formación de lectores

Lupiña regresa este curso ao seu lugar preferido da escola:a biblioteca.

Desta vez, ven a falarnos das cousas que podemos facer nela, as normas que debemos respectar, os horarios....
Así que da man deste xeitosa nena aprenderemos moitas cousas da biblioteca e convertirémonos nuns usuarios competentes e responsables.

Novo boletín informativo

Boletín nº 5 coas novas que están a ocurrir na nosa biblioteca.

Se queres recibir os próximos números no teu correo electrónico, podes solicitalo na seguinte dirección: biblioteca.pedrouzos@gmail.com

 

Conseguimos o PLAMBE !

Publicouse no DOG (14/09/10) a resolución  da convocatoria do Plan de mellora de bibliotecas escolares, segundo orde de 23 de abril de 2010 (DOG 7/05/10), coa relación de centros que se incorporan a este programa para o curso 2010/2011.
Tivemos a fortuna de ser un dos centros seleccionados neste plan e dotoúsenos con algo máis de 6.000 euros para desenvolver as  actuacións propostas no proxecto presentado.
Para poñer en marcha a nova andaina da biblioteca constituímos unha equipa de traballo formada por 14 profesores do centro, ademáis de contar coa colaboración de todo o claustro. Temos moita ilusión en dar un novo pulo a este espazo e convertilo no centro de información, comunicación, lecer e diversión do cole, aberto a toda a Comunidade Escolar.

Boletín nº4

Novo boletín informativo da biblioteca.

Meiga: Como realizar busquedas bibliográficas

Como buscar libros  a través do OPAC de Meiga e localizalos na nosa biblioteca.

Ver presentación 

MEIGA: Emprestitos e devolucións

Presentación na que se explica como realizar os emprestitos e devolucións da biblioteca co programa Meiga.

Imaxe da presentación    ver presentación

Boletíns Biblioteca Pedrouzos

O Equipo da Biblioteca está a publicar uns boletíns para informar a tódala comunidade educativa das novas e das actividades que se están a desenvolver nela ao longo do curso.

Boletín nº1  Boletín nº2  Boletín nº 3
 
       


Horario


A biblioteca estará aberta todos os recreos da mañán de 11:45 a 12:15 e no tempo do comedor de 14:15 a 15:00.

Este curso ampliamos o horario cunha hora de servizo ás familias, os luns de 4:30 a 5:30.

 

 

.

Distribuir contido


by Dr. Radut