Skip to Content

blogue dePlurilingüe

INTERCAMBIO LINGÜÍSTICO EN INGLÉS

Esta semana o noso alumnado de 4º curso recibiu con gran ilusión as cartas de resposta á correspondencia en lingua inglesa que enviaron ó alumnado de 4º curso de Educación Primaria do CEP Pedro Caselles Beltrán. 

 

DINAMIZACIÓN DEPORTIVA CON PAZOS DE REIS

Este luns 29 de abril recibimos no centro ao cole de Pazos de Reis co que o noso alumnado de 3º e 5º de primaria realizou unha xornada deportiva onde ambas escolas xogaron xuntas. A actividade serviu para coñecer a novos nenos/as e desfrutar a través dos diversos deportes practicados. ghmghmdgdrg

FIGHTING GAMES

O xoves 4 de abril o alumnado de 4º participou nunha nova xornada deportiva do Programa XOGADE.

Gracias a organización de AGRUDEBAM, máis de 200 nenos e nenas disfrutaron de Xogaloita no Pavillón Deportivo de Goián.

O longo da mañá participaron en diferentes xogos de iniciación á Loita e o Judo, que xa practicaran nas clases de Educación Física: Volta á tortilla, Loita de xeonllos, Roubar o balón, Coller a cola de cabalo ou Sogatira.

Un fermoso encontro deportivo para o alumnado de 7 centros escolares de Tomiño, O Rosal, Gondomar e Salceda de Caselas.

Vídeo e notas de prensa:

https://www.youtube.com/watch?v=oqyJvlA9Fwc

https://www.comarcasnarede.com/comarcas/baixo-mino/tomino/mais-de-220-escolares-de-primaria-acheganse-a-loita-en-goian/

https://www.farodevigo.es/comarcas/2024/04/09/ninos-baixo-mino-forma-gracias-100797659.html

 

HAPPY EASTER!

Para celebrar a Pascua, decoramos ovos de pascua e fixemos unha búsqueda por todo o patio. Todo o alumnado, dende EI ata 6ºEP levou un ovo para casa!

 

O alumnado de 4º e 6º realiza a primeira xornada de multideporte!

 

O alumnado de 4º e 6º realizou o a primera xornada de multideportes no CEIP de Barrantes o 29 de xaneiro de 2024. 

Foi un encontro moi enriquecedor no que o alumnado participou en diferentes deportes.

Xa con ganas de que chegue a próxima!

 

 

 

  

 

 

 

SPELLING CONTEST 4th, 5th, 6th

Á volta de Nadal realizamos un concurso de deletreo en Inglés nas clases de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Noraboa a todos os e as participantes! 

 

  

CHRISTMAS CRACKERS

Para celebrar o Nadal decoramos os típicos crackers, enchémolos de chuches, xoguetes e bromas de Nadal e finalmente intercambiámolos e levámolos de agasallo sorpresa para casa.

 

MERRY CHRISTMAS!

 

WELCOME BACK JOSHUA!

Este é o segundo curso que recibimos ó noso auxiliar de conversa Joshua, de nacionalidade filipina. Estamos encantados de que repita!

Xogos navideños

Distribuir contido


by Dr. Radut