Skip to Content

Orientacion

Plan dixital familiar.

Compartimos con vos, familias, as seguintes recomendacións da Asociación Española de Pediatría sobre o uso de pantallas.

Esta información xa foi traballada na 1ª sesión da escola de familias que tivo lugar no cole, coa colaboración da Asociación Érguete Baixo Miño.

Esperamos vos sirva de axuda.

 

 

1ª sesión escola de familias

Recordade que o luns temos unha cita na biblioteca, na 1ª sesión da escola de familias.

Contaremos con servizo de gardería para aquelas familias que o precisen.

Esperámosvos!

 

 

 

Escola de familias

Recomendacións de xoguetes.

Bo día familias!

Achegóvos a segunda publicación da Escola de nais e pais virtual.

Nesta ocasión, comparto con vós unhas recomendacións de xoguetes que lle podedes pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos neste Nadal para os vosos fillos e fillas.

Espero que sexa do voso agrado e interese :)

 

 

Escola de nais e pais.

Bo día familias!

Durante es curso, dende o Departamento de orientación, publicaremos unha serie de dípticos sobre diferentes temáticas de maneira quincenal.

Estos dípticos son moi sinxelos e rápidos de ler e pretenden axudarvos no día a día ante aspectos que ás veces, vos resultan difíciles de afrontar, segundo nos comentades nalgunhas titorías.

Nesta primeira publicación, adicamos este espazo a "Pautas educativas básicas".

Para acceder ao díptico podedes premer no texto subliñado ou ir aos documentos adxuntos desta publicación. A orde de lectura das páxinas é segundo a numeración de cada unha arriba no centro, dentro dun círculo (este documento é un díptico, polo que está pensado para imprimir a dúas caras e doblar).

Agardamos vos sexan de axuda e podedes escribir en comentarios temáticas que vos interesen para facer as seguintes publicacións.

Un saúdo a todos e a todas :)

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN NA CASA

Bos días familias, nenos e nenas. Dende o Departamento de Orientación queremos tamén apoiar nesta etapa de confinamento que temos por diante con pequenas ideas e actividades que vos poden axudar no voso día a día.

Debemos explicarlle aos nenos e nenas o motivo polo cal non poden saír de casa, ir ao colexio, ao parque...Aquí tedes un par de contos cos que podedes facelo.

 MISIÓN CORONAVIRUS   MISIÓN QUEDARSE NA CASA 
 PAUTAS "COMO SALIR DE CASA"  

 
 Bos días nenos e nenas. Qué tal vos vai? Esperamos que pasarades unha boa semana santa.  Antes de nada queremos felicitarvos polo ben que vos estades portando, sodes uns heroes e merecedes un aplauso moi grande. E recordade...

 

      Se queredes contactar con nós, enviarnos fotos das propostas ou as actividades de apoio feitas, este é o noso correo: orientaciontebra@gmail.com

 

                                    

   PROPOSTAS PROFE

LELI  (PT) 

     

  PROPOSTAS PROFE

CAROLINA (AL ) 

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Distribuir contido


by Dr. Radut