Skip to Content

News aggregator

Xan Perillán e a maleta máxica

Axenda Cultural - Dom, 26/05/2024 - 19:00

26 de maio, 19:00
Auditorio Municipal Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra

Autor: Marcelino de Santiago

Directora: Isabel Rey Pousada

Elenco: Marcelino de Santiago

Espectáculo dirixido ao público familiar e infantil, a partir de 3 anos, que mestura o clown e a pantomima coa maxia e a manipulación de títeres.

 

 

 

Categorías: Cultura

De Vilatriste a Vilalegre

Axenda Cultural - Dom, 26/05/2024 - 19:00

26 de maio, 19:00
Praza do Concello - Lousame - A Coruña

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

 

TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponte
DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carmen Pichel
MÚSICA: Brais das Hortas

Categorías: Cultura

David Puerto "Pizpireto"

Axenda Cultural - Dom, 26/05/2024 - 18:30

26 de maio, 18:30
Rúa do Preguntoiro, 23 - Santiago de Compostela - A Coruña

Pizpireto, un show de comedia alegre, vivaz e algo coqueto ou iso di a RAE.
Está orquestrado por David Puerto, un cómico que fai das súas reflexións e vivencias un espectáculo de comedia, buscando o lado positivo da vida, se é posible, ou polo menos o lado gracioso. Facendo uso do monólogo clásico (Stand-up), improvisación (crowd work) e comedia musical.
Un show cheo de interacción co público, vandalismo, elegancia... todo moi pizpireto.
 

Categorías: Cultura

Os actos e as profecías

Axenda Cultural - Dom, 26/05/2024 - 18:00

26 de maio, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

'Os actos e as profecías' é o espectáculo central da programación do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. A montaxe, xestada ao abeiro do proxecto europeo Phōnē, está dirixida por Tamara Canosa e conta cun elenco de 20 intérpretes. Nel invéntase todo un universo arredor dos 'talent shows' como espazo de xogo para lanzar ao aire cuestións como o lugar público na creación actual, a fama, a competitividade e as decisións vitais marcadas pola procura do éxito. O proxecto europeo Phōnē está inserido no programa da UE Europa Creativa e baixo o lema Dándolles ás linguas minorizadas unha voz, participan nel de distintos departamentos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto con entidades escénicas doutros sete países: Alemaña, Francia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos e Romanía.

DRAMATURXIA: Xacio Baño e Tamara Canosa

DIRECCIÓN: Tamara Canosa

ELENCO: Sergio Abelaira, Marta Alonso Tejada, Mónica Camaño, Miguel Canalejo, Isolda Comesaña, Manuel Cortés, Antón Coucheiro Cou, Iván Davila, Raquel Espada, Xosé Manuel Esperante, Alba Fernández Cotelo, Sara Ferro, Atenea García, Miguel Gendre, Raquel Nogueira Watson, Alba Recondo, Ana Santos Maneiro, Lois Soaxe, Jorge Varandela, Antía Vidal.

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho de billetes no Salón Teatro: Dúas horas antes de cada función

- Venda anticipada en liña: Ataquilla.com

- Prezo das localidades: 10 euros

- Descontos:

40 % Persoas estudantes, xubiladas, maiores de 65 anos, usuarias do carné xove, desempregadas, familias numerosas, grupos a partir de 10 persoas, xornalistas, profesionais das artes escénicas e membros da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC).

40 % Día do Espectador (domingo): 6 euros.

*Funcións descontraídas

Todos os mércores ás 18.00 h. Unha sesión cunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia respecto do ruído e movemento no patio de butacas. Cun prezo especial de 6 euros. Destinada ás persoas que buscan un ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso, así como ás que poidan sentirse máis cómodas nese contorno, como aquelas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación.

 

Categorías: Cultura

De Vilatriste a Vilalegre

Axenda Cultural - Dom, 26/05/2024 - 12:00

26 de maio, 12:00
Praza do Souto - Cervo - Lugo

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun xove habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

 

TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponte
DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carmen Pichel
MÚSICA: Brais das Hortas

Categorías: Cultura

Pedrá (Tributo a Extremoduro)

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 20:30

25 de maio, 20:30
Rúa de Concepción Arenal, 5 - Santiago de Compostela - A Coruña

Pedrá (Tributo a Extremoduro) continúa a súa xira  "XIV", cun novo show cargado de rock directo aos oídos e ao corazón do espectador.

Categorías: Cultura

Rapadas

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 20:30

25 de maio, 20:30
Praza da Universidade - Santiago de Compostela - A Coruña

Foco Esther F. Carrodeguas
Rapadas nace da necesidade de compartir co público a documentación recadada por Esther F. Carrodeguas sobre as mulleres rapadas na (pos) guerra civil, no seu intento por escribir unha obra de teatro. A partir destes feitos do noso pasado, a autora investiga arredor do concepto de “rapada” a nivel histórico: de Xoana de Arco ás Femmes tondues (colaboracionistas); de Britney Spears a Jada Pinkett; de blogueiras descoñecidas a modelos internacionais. Neste camiño, Carrodeguas chega até as mulleres que no 2022 se rapan a si propias en Ucraína tentando non resultar atractivas a posibles violadores durante a invasión.

  • Texto: Esther F. Carrodeguas
  • Dirección: Xavier Castiñeira
  • Elenco: Esther F. Carrodeguas, Juanma Lodo e Sabela Domínguez
  • Sonoplastia e videoinstalación: Juanma Lodo

 

Categorías: Cultura

Entrega en man

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 20:00

25 de maio, 20:00
Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Na cotrosa habitación dun cutre hotel dunha pequena e anónima vila americana, un home maduro e excéntrico ofrece unha recompensa por recuperar a man que, nun acto de cruel e gratuíta violencia, lle cortaron 27 anos atrás e que, desde aquela, leva buscando sen descanso. Un xove negro e a súa fermosa e branca moza pretenden enganalo ofrecéndolle unha man que, loxicamente, non é a súa. O estraño recepcionista do hotel entremétese e pon en risco a insólita transacción. Unha comedia louca e denegrida na que, da man dun humor mordaz e corrosivo, zumega o tema do racismo, o machismo e a xenofobia.

Categorías: Cultura

Os actos e as profecías

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 20:00

25 de maio, 20:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

'Os actos e as profecías' é o espectáculo central da programación do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. A montaxe, xestada ao abeiro do proxecto europeo Phōnē, está dirixida por Tamara Canosa e conta cun elenco de 20 intérpretes. Nel invéntase todo un universo arredor dos 'talent shows' como espazo de xogo para lanzar ao aire cuestións como o lugar público na creación actual, a fama, a competitividade e as decisións vitais marcadas pola procura do éxito. O proxecto europeo Phōnē está inserido no programa da UE Europa Creativa e baixo o lema Dándolles ás linguas minorizadas unha voz, participan nel de distintos departamentos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto con entidades escénicas doutros sete países: Alemaña, Francia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos e Romanía.

DRAMATURXIA: Xacio Baño e Tamara Canosa

DIRECCIÓN: Tamara Canosa

ELENCO: Sergio Abelaira, Marta Alonso Tejada, Mónica Camaño, Miguel Canalejo, Isolda Comesaña, Manuel Cortés, Antón Coucheiro Cou, Iván Davila, Raquel Espada, Xosé Manuel Esperante, Alba Fernández Cotelo, Sara Ferro, Atenea García, Miguel Gendre, Raquel Nogueira Watson, Alba Recondo, Ana Santos Maneiro, Lois Soaxe, Jorge Varandela, Antía Vidal.

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho de billetes no Salón Teatro: Dúas horas antes de cada función

- Venda anticipada en liña: Ataquilla.com

- Prezo das localidades: 10 euros

- Descontos:

40 % Persoas estudantes, xubiladas, maiores de 65 anos, usuarias do carné xove, desempregadas, familias numerosas, grupos a partir de 10 persoas, xornalistas, profesionais das artes escénicas e membros da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC).

40 % Día do Espectador (domingo): 6 euros.

*Funcións descontraídas

Todos os mércores ás 18.00 h. Unha sesión cunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia respecto do ruído e movemento no patio de butacas. Cun prezo especial de 6 euros. Destinada ás persoas que buscan un ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso, así como ás que poidan sentirse máis cómodas nese contorno, como aquelas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación.

 

Categorías: Cultura

Indóciles | Letras Galegas en la Biblioteca de Galicia 2024

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 19:00

25 de maio, 19:00
Lugar de la Ciudad de la Cultura - Santiago de Compostela - A Coruña

A Biblioteca de Galicia conmemora un ano máis o Día das Letras Galegas cunha programación específica coa que rende a súa propia homenaxe á protagonista da efeméride neste 2024, Luísa Villata. 
Indóciles é un proxecto multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde. Da man de Vero Rilo, narradora oral; Nuria Vil, recitadora; e a música de Mónica de Nut, o legado e a voz de Luisa Villalta volven ao escenario.Un espectáculo con narración, poesía e música que empodera a figura e a obra dunha das máis interesantes poetas galegas.
 

Categorías: Cultura

De Vilatriste a Vilalegre

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 18:00

25 de maio, 18:00
Aparcadoiro da Piscina Municipal - Alfoz - Lugo

Xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG

Nos arredores de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha néboa misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as xentes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros tentan compartir o seu achado atópanse de fronte coa desconfianza e rexeitamento dos veciños.

A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha serie de transformacións cunhas escuras intencións. Trepas é o alcume dun novo habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

TEXTO ORIXINAL: Roi Vidal Ponche
DIRECCIÓN: Sofía Espiñeira López e Roberto Casal Mouriño
ELENCO: Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño
ESCENOGRAFÍA: Beatriz de Vega
VESTIARIO: Carmen Pichel
MÚSICA: Brais dás Hortas

Categorías: Cultura

'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 18:00

25 de maio, 18:00
Praza da Igualdade - San Xoán de Río - Ourense

Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar a partir do libro de Luísa Villalta As chaves do tempo. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024.

Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merlín arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: unha silueta de cabalo, unhas marionetas, un teatriño a modo de pupi siciliano e un Kamishibai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica do reino de Galiza e a súa relación coa coroa de Castela. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galicia, e seguirán o seu camiño.

Categorías: Cultura

Principios de verano

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 18:00

25 de maio, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña

Posguerra en Toquio. Noriko, a máis vella de varias irmás, traballa como secretaria e non ten ningunha présa en casar, malia as presións do entorno familiar para facelo cun bo pretendente elixido para ela.

Categorías: Cultura

Os actos e as profecías

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 18:00

25 de maio, 18:00
Salón Teatro - Santiago de Compostela - A Coruña

'Os actos e as profecías' é o espectáculo central da programación do 40º aniversario do Centro Dramático Galego. A montaxe, xestada ao abeiro do proxecto europeo Phōnē, está dirixida por Tamara Canosa e conta cun elenco de 20 intérpretes. Nel invéntase todo un universo arredor dos 'talent shows' como espazo de xogo para lanzar ao aire cuestións como o lugar público na creación actual, a fama, a competitividade e as decisións vitais marcadas pola procura do éxito. O proxecto europeo Phōnē está inserido no programa da UE Europa Creativa e baixo o lema Dándolles ás linguas minorizadas unha voz, participan nel de distintos departamentos da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades xunto con entidades escénicas doutros sete países: Alemaña, Francia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos e Romanía.

DRAMATURXIA: Xacio Baño e Tamara Canosa

DIRECCIÓN: Tamara Canosa

ELENCO: Sergio Abelaira, Marta Alonso Tejada, Mónica Camaño, Miguel Canalejo, Isolda Comesaña, Manuel Cortés, Antón Coucheiro Cou, Iván Davila, Raquel Espada, Xosé Manuel Esperante, Alba Fernández Cotelo, Sara Ferro, Atenea García, Miguel Gendre, Raquel Nogueira Watson, Alba Recondo, Ana Santos Maneiro, Lois Soaxe, Jorge Varandela, Antía Vidal.

 

VENDA DE ENTRADAS

- Despacho de billetes no Salón Teatro: Dúas horas antes de cada función

- Venda anticipada en liña: Ataquilla.com

- Prezo das localidades: 10 euros

- Descontos:

40 % Persoas estudantes, xubiladas, maiores de 65 anos, usuarias do carné xove, desempregadas, familias numerosas, grupos a partir de 10 persoas, xornalistas, profesionais das artes escénicas e membros da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC).

40 % Día do Espectador (domingo): 6 euros.

*Funcións descontraídas

Todos os mércores ás 18.00 h. Unha sesión cunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia respecto do ruído e movemento no patio de butacas. Cun prezo especial de 6 euros. Destinada ás persoas que buscan un ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso, así como ás que poidan sentirse máis cómodas nese contorno, como aquelas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación.

 

Categorías: Cultura

Querémola paz!

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 12:00

25 de maio, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña

Os ratiños de Lonxedetodo volven á biblio coas súas historias.

Público infantil de 4 anos en adiante

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

Contos de mouras

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 12:00

25 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña

Espectáculo que narra historias das mouras, seres máxicos de Galicia que habitan baixo terra ou baixo a auga. Tres irmáns deberán aprender todo sobre elas para non perderse no camiño e descubrir as pequenas cousas que son verdadeiramente necesarias.

No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Categorías: Cultura

Candy Pink

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 12:00

25 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra

Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada coas emocións, e traballarán os valores e emocións que se representan no conto. E en cada parte do conto farán pequenas paradas de compresión para que os pequenos e pequenas interactúen.

Duración: 60 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.

 

Categorías: Cultura

Contos de mouras

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 12:00

25 de maio, 12:00
Avenida de Xoán XXIII - Santiago de Compostela - A Coruña

Espectáculo que narra historias das mouras, seres máxicos de Galicia que habitan baixo terra ou baixo a auga. Tres irmáns deberán aprender todo sobre elas para non perderse no camiño e descubrir as pequenas cousas que son verdadeiramente necesarias.
No salón de actos. Actividade dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.
 

Categorías: Cultura

Un mar de letras

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 12:00

25 de maio, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense - Ourense - Ourense

O M e o R queren xogar. Adiántanse, póñense ao revés e van a rolos polo papel. O A métese entre eles e...... rematan os tres por nadar.

Obradoiro para nenas e nenos de + de 6 anos. 

Inscricións dende o luns 20 de maio ao ser o venres festivo nos números de teléfono : 988 788385 e 988 788386.

Categorías: Cultura

'Isaura e Tristán. Contahistorias', de Fantoches Baj

Axenda Cultural - Sáb, 25/05/2024 - 11:30

25 de maio, 11:30
Centro de Día - Manzaneda - Ourense

Fantoches Baj presenta unha enxeñosa peza teatral de monicreques para público familiar a partir do libro de Luísa Villalta As chaves do tempo. Unha novela de ficción histórica que se corresponde co último libro da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste 2024.

Baixo a máscara dunha compañía italiana de Contastorias ocúltanse Don Pedro, herdeiro da coroa do reino de Galiza, e María das Augas Doces, señora do castelo de Montemaio. Na súa viaxe na procura do mago Merlín arrastran unha carreta con todo o que precisan para contar historias: unha silueta de cabalo, unhas marionetas, un teatriño a modo de pupi siciliano e un Kamishibai ilustrado. Con todo isto contaranlle ao público a crónica do reino de Galiza e a súa relación coa coroa de Castela. Finalmente preguntarán ao público pola porta do labirinto que os levará ao encontro co mago Merlín, única persoa capaz de conseguir que Don Pedro recupere a coroa do reino de Galicia, e seguirán o seu camiño.

Categorías: Cultura
Distribuir contido


by Dr. Radut