Skip to Content

BENVIDA INICIO CURSO 2020-21

Estimadas familias:

O Equipo Directivo e o profesorado do Eusebio da Guarda queremos darvos a benvida a un novo curso escolar e presentar, de paso, ao novo Equipo para este curso:

  • Directora: Ester Muñiz Míguez
  • Xefa de Estudos: María Quintana Pita
  • Secretaria: Marta Mouzo Casal

Dada a situación que estamos a vivir somos conscientes de que este será un curso diferente e con moitos obstáculos que salvar, pero esperamos poder ir superándoos coa implicación e esforzo de tod@s.

As clases comezarán de xeito escalonado coa seguinte orde:

  • xoves, 10: E.Infantil de 3 anos (segundo o establecido no Perído de Adaptación, que se publicará nesta web á maior brevedade posible); E.Infantil de 4 anos; 1º, 2º e 3º de E.Primaria.
  • venres, 11: E. Infantil de 5 anos; 4º, 5º e 6º de E.Primaria.

Deste xeito, o venres 11 xa estaría incorporada a totalidade do alumnado.

Pedímosvos que esteades pendentes da páxina web do Centro na que iremos publicando os horarios de entradas e saídas, ademais doutros documentos e información de interese para o inicio do curso:

  • Plan de Adaptación á situación Covid-19
  • Plan de Continxencia 
  • Programa de Acollemento
  • Plan de Adaptación do alumnado de 3 anos

Por último lembrar que os  cheques de material e libros de texto están dispoñibles na Secretaría do Centro para aqueles que non os recolleron en xullo.

Os libros de texto para alumnado de 3º,4º,5º e 6º de E.Primaria que teñen a beca de Fondo Libros, serán entregados ao alumnado o primeiro día de clase.

Un saúdo.



story | by Dr. Radut