Skip to Content

RESERVA DE PRAZA AO CENTRO ADSCRITO IES EUSEBIO DA GUARDA PARA O ALUMNADO DE SEXTO.

O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado de sexto que desexe continuar estudos no IES Eusebio da Guarda no curso 2024-2025 é do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro

-RESERVA DE PRAZA ON-LINE: CUBRIR O IMPRESO ONLINE, IMPRIMILO E ENTREGALO NO CENTRO OU ENVIALO POR SEDE ELECTRÓNICA (con certificado electrónico ou chave 365).

IMPRESO EN PAPEL (galego - castelán): CUMPRIMENTAR E ENTREGAR NO COLEXIO (pódese solicitar un modelo en conserxería).

O impreso de reserva de praza deberá estar asinado por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do alumno/a. Deberá constar o consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo I-bis.

Se non desexa que o seu fill@ continúe os seus estudos no IES Eusebio da Guarda, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentado o Anexo II de admisión, no centro da súa preferencia do 1 ao 20 de marzo.

A non reserva de praza neste período causa perda do dereito preferente a unha praza nun instituto adscrito.

A reseva adquirirá caracter vinculante e será incompatible coa presentación de admisión noutro centro, salvo renuncia expresa e por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 



blog | by Dr. Radut